GALICIA
A Xunta financia 74 prazas nos centros de día San Xerome Emiliani
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta semana os usuarios deste asociación pontevedresa
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, subliñou que a Xunta de Galicia achega máis de 800.000 euros para financiar 74 prazas nos centros de día e ocupacional de San Xerome Emiliani. Esta semana visitou os usuarios que acoden cada día a estes centros para recibir unha atención persoalizada.
Ademais desta achega para o financiamento de prazas, a Administración autonómica tamén destina máis de 120.000 euros a esta asociación para sufragar proxectos de rehabilitación ou de mellora de accesibilidade.
O Goberno galego realiza neste 2022 o maior investimento da historia de Galicia en atención á discapacidade, con 141,7 millóns de euros, un 12,5% máis que o ano pasado
Fernando González Abeijón destacou que a atención á discapacidade é unha das prioridades da Xunta de Galicia, por esta mesma razón, recordou, o Goberno galego realiza neste 2022 o maior investimento da historia da Comunidade para este eido, isto é, 141,7 millóns de euros, un 12,5% máis que o ano pasado.
Neste sentido, lembrou que a Administración autonómica está a reforzar a colaboración co tecido social, integrado por entidades que demostran cada día que coñecen á perfección as necesidades das familias e persoas con discapacidade. Deste xeito, incrementase os fondos do 0,7% do IRPF ata os 19,4 millóns de euros, e créanse 280 novas prazas de atención, que permitirá chegar ás 5600 prazas en toda Galicia

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11