VIGO
A Xunta crea 15 novas prazas públicas no Centro Integral que Apamp ten en Vigo
A conselleira de Política Social, acompañada da delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou esta semana a residencia de Apamp en Navia
A conselleira de Política Social, Fabiola García, salientou a necesidade de integrar ás persoas con parálise cerebral para lograr unha sociedade máis plural. Durante unha visita á residencia que a asociación de familias de persoas con parálise cerebral (Apamp) ten en Navia, na que estivo acompañada pola delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e na que puxo en valor o traballo que realizan as entidades dedicadas a axudar ás familias e persoas afectadas por este trastorno.
A conselleira lembrou que a colaboración do Goberno galego con estas organizacións sen ánimo de lucro é estreita e permanente, tal como demostra o incremento no número de prazas financiadas con fondos públicos do que se están a beneficiar os usuarios do centro integral de Navia, que pasaron en 2021 de 30 a 46.
A Xunta contribuíu no financiamento para a construción desta residencia e posteriormente para a súa ampliación
Este aumento levou consigo unha suba de 700.000 euros na achega que realiza anualmente á Xunta a esta entidade, e que ascende a un total de 2 millóns de euros. Este incremento súmase, ademais, ás axudas que a Xunta achegou á entidade para a construción da súa residencia de Navia e para a súa posterior ampliación.
Case 20 millóns para 600 programas
O apoio do Goberno galego ás entidades que se dedican a axudar ás persoas máis vulnerables esténdese, así mesmo, a todos os eidos da sociedade a través do reparto dos fondos procedentes do IRPF, que este ano ascenden a 19,4 millóns de euros e permitirán financiar 600 programas de atención ás persoas que máis o necesitan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122