Miércoles, 25 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Marzo de 2026 a las 08:49:34 horas

Xornal21.es
Martes, 01 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos sóbese ao bus do teatro

Súmase á iniciativa do Centro Dramático Galego que subvenciona o transporte a Santiago para poder gozar da obra A Peste, inspirada na novela de Albert Camus e con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó

Desde a concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos proponse unha nova actividade cuxo prazo de inscrición abrirase hoxe.

 

Trátase dunha iniciativa que pretende achegar o teatro á veciñanza mosense e para elo os interesados poderán contar con transporte gratuíto para asistir a unha obra profesional en Santiago de Compostela, tendo que aboar únicamente 6 euros por persoa en concepto de entrada. Esta interesante actividade conta con subvención do Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego.

 

A  obra da que poderán gozar os participantes na iniciativa é A Peste, inspirada na novela de Albert Camus e con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó. Trátase dunha producción do Centro Dramático Galego que se representa no Salón Teatro de Santiago.

 

A iniciativa leva por título ‘Sobes ao autobús do teatro?’ e atópase incluída no Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego.

 

A data en que se realizará a actividade será o 19 de febreiro con hora de saída ás 17:45 horas e lugar de saída desde o Multiusos das Pozas. A hora de regreso será ás 00:00 horas.

 

O prezo da entrada é de 6€ e o prazo de inscrición permanecerá aberto do 1 ao 17 de febreiro. Trátase dunha actividade para maiores de 18 anos para a que será obrigatorio presentar o certificado de vacinación COVID.

 

Para máis información e inscricións, na Sede Electrónica ou na oficina de Participación Cidadá (OMIX) do Concello de Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.