O Porriño
Os "antivacinas" utilizan o falecemento da ex alcaldesa do Porriño
O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra denunciou a unha trintena de contas de Twitter por utilizar o falecemento da que foi alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, para difundir propaganda antivacinas e negacionismo da pandemia. O secretario xeral provincial, David Regades, manifesta estar "consternado" pola aparición deste tipo de mensaxes e esixe respecto por unha muller que, en coherencia coa súa vida persoal e política, foi unha activa defensora da vacinación e de tódalas medidas para loitar contra a pandemia de covid-19.
![[Img #74100]](https://xornal21.com/upload/images/02_2022/6266_eva-twitter.jpg)
Os tuits publicados vinculan, na súa meirande parte, a vacinación de Eva García de la Torre co seu falecemento a causa dun infarto sen achegar ningún dato ou evidencia máis alá dos tics habituais dos perfís negacionistas. As mensaxes son semellantes ás que este colectivo troll difunde en relación cos falecementos doutras persoas con proxección pública. O hashtag #Repetintinis identifica a boa parte destas publicacións na rede social. Un deses tuits mesmo estaba publicado en francés.
O Partido Socialista na provincia e o seu secretario xeral anuncian que seguirán denunciando cantas publicacións se fagan neste sentido e invita a unha profunda reflexión social sobre a insensibilidade e crueldade gratuíta deste tipo de persoeiros que campan ás súas anchas polas redes sociais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49