Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Martes, 01 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Deputación e Concello de Tomiño poñen en valor o parque e a ponte peonil da Amizade

A presidenta Carmela Silva, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Rio Minho Uxío Benítez, e a alcaldesa Sandra González buscan buscar apoio e financiamento para os proxectos

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño acudiron esta semana a Madrid para poñer en valor os proxectos do parque e a ponte peonil da Amizade ante o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán. O obxectivo do encotro é presentar en persoa ambas iniciativas co fin de buscar apoio e financiamento tanto estatal como europeo para a execución das obras.

 

No encontro, que terá lugar no Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, estarán presentes a presidenta Carmela Silva, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Rio Minho Uxío Benítez, e a alcaldesa de Tomiño Sandra González.

 

A redacción de ambos proxectos contaron con financiamento europeo, con cargo á primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP) 2014-2020. O pasado 29 de maio foron presentados oficialmente nun acto formal na fronteira ao que asistiran autoridades dos gobernos centrais como a ministra de Coesão Ana Abrunhosa e a secretaria de estado de Valorización de Interior de Portugal Isabel Ferreira, e a subdelegada do Goberno Maika Larriba pola parte española;  autoridades autonómicas como o presidente da CCDR-N Antonio Cunha e o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda, amosando todos eles o seu apoio á iniciativa.

 

Para o deputado Uxío Benítez o parque e a ponte da Amizade constituirán un elemento dinamizador de crucial importancia material e simbólica nun territorio como é o transfronteirizo do rio Miño, dobremente impactado pola actual pandemia COVID-19, dado o seu carácter dependente dos fluxos socioeconómicos entre ambos países, que se teñen visto gravemente alterados polas restricións á mobilidade transfronteiriza.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.