MOS
Mos informa da inminente instalación de sinalización de interese para os peregrinos
Imaxe de arquivo de peregrinos/as ao seu paso pola zona do Pazo de Mos.
A sesión contou coa asistencia do Director de Xestión do Plan Xacobeo, Idelfonso de la Campa, e durante a mesma abordouse o tema da pasarela peonil en Amieirolongo
Esta semana celebrouse a primeira Mesa do Camiño do Concello de Mos do ano 2022 á que, ademáis dos concelleiros mosenses de Educación e Servizos para a mellora do entorno rural e urbano, Julia Loureiro e Baldomero Lorenzo, respectivamente; asistiu o Director de Xestión do Plan Xacobeo, Idelfonso de la Campa.
Por suposto tamén estiveron presentes representantes das asociacións integrantes da Mesa, entre as que se atopan a Asociación Amigos do Camiño, Fundación Pazo de Mos, A.V.V. Chan do Bosque de Amieirolongo, Sanguiñeda, A Cividade de Louredo, etc.
Durante a sesión recolléronse todas as suxerencias e ideas para poñer en marcha en Mos durante este ano Xacobeo 2022. Entre elas atópanse a limpeza e desbroce de varias zonas.
Ademais desde o Concello informouse de que esta semana procederase á sinalización de 3 fontes situadas no Camiño de Santiago ao seu paso por Mos, fontes de Comunidades de Usuarios de Augas, polo que son potables e aptas para o consumo dos preregrinos; e tamén instalaranse paneis informativos en diversos puntos que inclúen códigos QR con información sobre o lugar no que se atopan e teléfonos de interese para o peregrino.
Abordouse tamén o tema da pasarela peonil en Amieirolongo, Sanguiñeda, pendente do Ministerio de Fomento.
Sobre isto Idelfonso de la Campa avanzou que desde o Xacobeo faranse xestións co Ministerio neste senso, para tentar por todos os medios para que se axilice a solución para unha zona de tránsito peonil enormemente perigosa e pola que transcorre o Camiño.
A construción dunha pasarela peonil en Amieirolongo e a humanización da contorna comercial son fundamentais para que se elimine o perigo que supón para os veciños, para os peregrinos e para todas as persoas que transitan a estrada Nacional 550 entre Mos e O Porriño. Unha solución que se leva anos reclamando, pola súa necesidade imperiosa.
Por último, na Mesa do Camiño do Concello de Mos tratouse o deseño da programación cultural que durante o presente ano 2022 se porá en marcha en diferentes ubicacións do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos.
Imaxe de arquivo de peregrinos/as ao seu paso pola zona do Pazo de Mos.Esta semana celebrouse a primeira Mesa do Camiño do Concello de Mos do ano 2022 á que, ademáis dos concelleiros mosenses de Educación e Servizos para a mellora do entorno rural e urbano, Julia Loureiro e Baldomero Lorenzo, respectivamente; asistiu o Director de Xestión do Plan Xacobeo, Idelfonso de la Campa.
Por suposto tamén estiveron presentes representantes das asociacións integrantes da Mesa, entre as que se atopan a Asociación Amigos do Camiño, Fundación Pazo de Mos, A.V.V. Chan do Bosque de Amieirolongo, Sanguiñeda, A Cividade de Louredo, etc.
Durante a sesión recolléronse todas as suxerencias e ideas para poñer en marcha en Mos durante este ano Xacobeo 2022. Entre elas atópanse a limpeza e desbroce de varias zonas.
Ademais desde o Concello informouse de que esta semana procederase á sinalización de 3 fontes situadas no Camiño de Santiago ao seu paso por Mos, fontes de Comunidades de Usuarios de Augas, polo que son potables e aptas para o consumo dos preregrinos; e tamén instalaranse paneis informativos en diversos puntos que inclúen códigos QR con información sobre o lugar no que se atopan e teléfonos de interese para o peregrino.
Abordouse tamén o tema da pasarela peonil en Amieirolongo, Sanguiñeda, pendente do Ministerio de Fomento.
Sobre isto Idelfonso de la Campa avanzou que desde o Xacobeo faranse xestións co Ministerio neste senso, para tentar por todos os medios para que se axilice a solución para unha zona de tránsito peonil enormemente perigosa e pola que transcorre o Camiño.
A construción dunha pasarela peonil en Amieirolongo e a humanización da contorna comercial son fundamentais para que se elimine o perigo que supón para os veciños, para os peregrinos e para todas as persoas que transitan a estrada Nacional 550 entre Mos e O Porriño. Unha solución que se leva anos reclamando, pola súa necesidade imperiosa.
Por último, na Mesa do Camiño do Concello de Mos tratouse o deseño da programación cultural que durante o presente ano 2022 se porá en marcha en diferentes ubicacións do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos.






































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49