Lunes, 04 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 03 de Mayo de 2026 a las 14:02:08 horas

Xornal21.es
Sábado, 05 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui foi agasallado cun bonsai pola Red de Juderías

Esta árbore simboliza a responsabilidade na conservación das raíces xudías de Tui

[Img #74124]O Concello de Tui recibiu hai uns días un bonsai de Oliveira coa lenda “Lembra as túas raíces” agasallo da Red de Juderías – Camiño de Sefarad, da que Tui forma parte dende 2019, xunto a outras vinte cidades españolas.


Trátase dunha nova iniciativa da Red para sumarse a cada unha das festas do calendario xudeu. Así con motivo da festa Tu Bishvat , que se celebrou o 17 de xaneiro, obsequiou a cada cidade da rede cun bonsai. Este festexo lembra o respecto pola natureza, e no mesmo adoitase plantar unha árbore e comer os froitos das árbores.


O bonsai simboliza, ademais, dalgunha forma, a responsabilidade na conservación das raíces xudías da historia. O Concello de Tui ven de recibir o seu exemplar, que se encargará de coidar a partir de agora como unha forma de continuar coa conservación do seu legado.


O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradece este agasallo que testemuña o traballo que nos últimos anos ven realizando o Concello de Tui na conservación e promoción do importante legado patrimonial da nosa cidade, que ten no patrimonio vinculado á presenza de comunidades xudías e criptoxudías na nosa cidade un dos seus elementos más significativos.


A pertenza á Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad, lograda no ano 2019, é unha grande oportunidade para a nosa cidade pois, engade o rexedor tudense, dálle a Tui novas posibilidades de promoción e de posicionamento dos seus recursos culturais e turísticos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.