Miércoles, 25 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Marzo de 2026 a las 08:49:34 horas

Xornal21.es
Sábado, 05 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta destina 50.000 euros para luz pública eficiente e unha pista de skatekart en Mos

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobaron esta semana as melloras levadas a cabo o ano pasado ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitaron esta semana  o concello de Mos ao que o Goberno galego destinou preto de 50.000 euros para a instalación dunha rede de luz pública e unha pista de skate park grazas ás axudas da Vicepresidencia primeira destinadas aos concellos.

 

O Executivo autonómico investiu preto de 35.000 euros na creación dun skatepark kateboard, Bmx, Roller e Scooter de carácter recreativo, para o uso e desfrute da poboación en xeral e concretamente, nunha zona moi poboada con moitos nenos, de aí a importancia da actuación levada a cabo.

 

Fernández-Tapias e Prieto coincidiron en destacar a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos para executar iniciativas como esta que redunden no benestar da cidadanía, e referendaron o compromiso da Xunta por manter o apoio que precisan os municipios para levar a cabo actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños.

 

 

 

 

O Executivo autonómico xa publicou a convocatoria desta liña de axudas para este ano, que contará cun investimento de 3,5 millóns de euros

 

 

 

 

 

Nesta liña, tamén se levou a cabo unha instalación dunha rede pública eficiente no vial alternativo á rúa de Mos que ten como obxecto racionalizar e optimizar o consumo enerxético e asemade crear as condicións mínimas de seguridade viaria para a circulación de peóns e vehículos. No caso do concello de Mos, dende a Vicepresidencia Primeira tense destinado nos últimos anos grazas ás axudas destinadas ás entidades locais más de 1 millón de euros.

 

Nova convocatoria
Na visita, a directora xeral de Administración Local lembrou que xa se publicou a nova convocatoria para este ano da Orde de Infraestruturas de uso público destinada aos concellos galegos de menos de 30.000 habitantes para mellorar as infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, de forma individual ou compartida, e na que a Xunta investirá 3,5 millóns de euros.

 

Entre as actuacións subvencionables inclúense obras de instalación, ampliación e mellora das redes de alumeado público; a pavimentación de camiños públicos municipais; así como a construción, mellora e ampliación de parques infantís, dependencias municipais ou instalacións deportivas de uso público.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.96

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.