Jueves, 07 de Mayo de 2026

Actualizada Miércoles, 06 de Mayo de 2026 a las 22:37:41 horas

Xornal21.es
Domingo, 06 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Afiliados de Tomiño, O Rosal, Vigo, Pontevedra e Vilagarcía incorpóranse áDirectiva do PPdeG

Rueda subliña a importancia de dar voz aos afiliados, esa enorme base de xente que traballa polo simple feito de que lle gusta formar parte do mellor equipo

O comité executivo do PPdeG aprobou esta semana a incorporación de 20 novos afiliados de base á Xunta Directiva, cinco deles da provincia de Pontevedra. Así, as novas incorporacións á Xunta Directiva son Lara Meneses Álvarez, de Tomiño; Carlos Rodríguez Vicente, do Rosal; Raúl Santamaría González, de Vilagarcía de Arousa; Beatriz Rey González, de Pontevedra; e Diego Lago Cabo, de Vigo.

 

O presidente provincial, Alfonso Rueda, subliñou durante o comité executivo a importancia de dar voz aos afiliados do Partido Popular,  esa enorme base de xente que traballa polo simple feito de que lle gusta formar parte do mellor equipo, a base social deste partido e que representan á Galicia real. Por iso, amosou a súa satisfacción por seguir sumando persoas novas, persoas comprometidas, con ganas de traballar e que representan aos afiliados da provincia.

 

Ademais destes cinco afiliados que se incorporan por primeira vez ao PPdeG, xa formaban parte da xunta directiva autonómica os alcaldes Telmo Martín (Sanxenxo), Marta Valcárcel (Salvaterra de Miño), José López Campos (A Estrada), Julio César García-Luengo (Crecente), Ricardo Martínez (Portas), José Cela (Moraña), Cristina Correa (Oia) e Pablo Castillo (Covelo), así como o voceiro de Poio, Ángel Moldes, os deputados provinciais Javier Tourís e Elena Estévez, e o ex alcalde de Vigo, Manolo Pérez.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.