VIGO
O BNG ve no muro sen arranxar no Freixeiro unha evidencia do abandono dos barrios
A fronte nacionalista reclama a reparación urxente do muro, de propiedade municipal, que impide o paso de vehículos desde hai máis de tres anos, tal como denuncia a veciñanza
O Bloque Nacionalista Galego reclama que o Goberno municipal de Vigo arranxe de forma urxente o muro apuntalado no barrio do Freixeiro, de propiedade municipal, e que continúa obstaculizando o paso de vehículos despois de máis de tres anos do inicio dos despredementos. A fronte nacionalista ve nesta falla de actuación un novo exemplo do abandono dos barrios e parroquias por parte do goberno de Abel Caballero, que desoe unha vez máis as necesidades expresadas pola veciñanza.
“Para o Goberno municipal do PSOE, a cidade redúcese ás grandes actuacións millonarias, aos grandes titulares, ao tempo que mantén no absoluto e total abandono os barrios e parroquias, con situacións absolutamente inxustificábeis coma o do muro do Freixeiro”, denunciou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que exemplificou a crítica subliñando que o mesmo día que se mobilizaba outra vez a veciñanza para demandar o arranxo, o alcalde anunciaba o inicio das obras da segunda fase das rampas de Gran Vía.
Igrexas considerou que este desintere “demostra o modelo de cidade de dúas velocidades que Abel Caballero leva moito tempo impoñendo en Vigo”. Por ese motivo, esixiu que o Goberno local “actúe para toda a cidade”, dando resposta ás necesidades de todos os barrios e parroquias, nomeadamente do rural, e non só das zonas centrais.
Para as nacionalistas, non existe xustificación para manter o muro do Frexeiro sen arranxar após tres anos. “A non ser que Abel Caballero, obsesionado coas cifras de récord, queira obter un novo récord á actuación municipal máis lenta da historia”, ironizou o edil do BNG. Ademais, a veciñanza leva anos denunciando e mobilizándose fronte ao deterioro do barrio pola falla de investimentos, con beirarrúas rotas, numerosas fochancas nas vías e camiños e un alumeado deficiente e obsoleto, entre outras eivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104