Domingo, 16 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 10 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Lorenzo comeza a súa rolda de contactos para mellorar a empregabilidade no Porriño

Durante unha visita ás instalacións da empresa no polígono industrial de A Granxa analizáronse as vías de colaboración en materia de emprego e formación entre ambas entidades

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado pola concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, visitou onte as instalacións de CITIC Censa para coñecer de primeira man a actividade da factoría e establecer posibles vías de colaboración entre a empresa e o Concello.

 

Durante a visita, os representantes municipais estiveron acompañados polo Director Xeral da firma, Juan J. Agulla, a Directora Financieira e Vice Directora Xeral, Ana Alonso, e a Directora de Recursos Humanos, Brenda Senra, quenes transmitiron a súa perspectiva económica de crecemento e a necesidade de persoal especializado.

 

“Temos plena carga de traballo e o noso principal problema é a falta de persoal cualificado para incorporar”, explicou Juan J. Agulla, “A formación é o noso cabalo de batalla e a colaboración co concello sería beneficiosa para ambas partes”.

 

Neste sentido, o rexedor apuntou que precisamente establecer vías de colaboración en materia de formación e emprego é o fin da rolda de visitas ás empresas do Porriño que hoxe iniciaron en CITIC Censa.

 

“O noso obxectivo é detectar as necesidades de recursos humanos e a formación específica que requiren as empresas para poder deseñar acción formativas acordes ás demandas do noso tecido empresarial”, explicou Lorenzo, “Así poderemos ofrecer aos demandantes da bolsa de emprego posibilidades reais de inserción laboral”.

 

“Pretendemos impulsar a nosa bolsa de emprego e volver a ser un referente para as persoas do Porriño que se atopan en situación de desemprego”, apuntou a edil, “Para iso é imprescindible a coordinación do servicio municipal coas empresas dos nosos polígonos industriais”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.