Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 14 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Inicio das prácticas do obradoiro de emprego sustentable en Salvaterra

Este obradoiro de emprego é un obradoiro conxunto co concello de Salceda de Caselas, e que realiza as prácticas, no Monte Castelo (Pesqueiras) na especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, actividades auxiliares en xardins e centros de xardinería e actividades auxiliares en aproveitamentos forestais

O Concello de Salvaterra de Miño, como beneficiario do Obradoiro de Emprego Sustentable, en colaboración co Concello de Salceda de Caselas, están a levar a cabo as prácticas que se corresponden ao Certificado de Profesionalidade de Actividades Auxiliares en Aproveitamentos Forestais.



Estas prácticas están enmarcadas no Monte Castelo, gracias a un convenio de colaboración coa Comunidade de Montes de Pesqueiras, dentro dun Proxecto Técnico de Creación dun Parque Forestal nesta contorna, que tamén se executou en colaboración co Concello de Salvaterra a través dunha axuda da Deputación Provincial.



O obxectivo deste proxecto é traballar unhas dez hectáreas aproximadamente, con tareas de desbroce para unha posterior plantación de ao redor de 800 especies vexetais autóctonas e constituíndo deste xeito unha repoboación moi beneficiosa para o monte Salvaterrense.


Dez serán os alumnos e alumnas que farán estas prácticas, dentro dun programa de Formación e Práctica Profesional subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, cunha duración de nove meses.
 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.