MOS
A Asociación de Hostaleiros de Mos estrea sede
O Concello cédelles o uso dun local na Axencia de Colocación
Esta tarde tivo lugar o acto de presentación da recentemente constituída Asociación de Hostaleiros/as de Mos e da súa sede, sita nun local das dependencias municipais da Axencia de Colocación de Mos, que lles foi cedido polo Concello.
Trátase da antiga cafetería do edificio da Axencia de Colocación do Concello de Mos, cuxo uso se lles cede aos hostaleiros de Mos por parte da administración local mosense, dando continuidade ao apoio total a este sector, un dos grandes damnificados pola pandemia da COVID-19.
Na presentación estiveron presentes Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, Julia Loureiro, concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Esteban Cidanes do Restaurante Esteban, Presidente da Asociación de Hostaleiros/as de Mos e demais membros da directiva da Asociación, integrada por representantes dos locais de hostalería O Alpendre, Quinta da Rivas, Tapería Baxiña, Tapería Lano, Floriano e Catering Jorge Lorenzo. A Asociación conta xa cuns 50 socios/as adheridos.
Agora, unha vez constituída a Asociación, e dispoñendo dun local como sede para uso propio, desde a Asociación de Hostaleiros/as de Mos coa colaboración do Concello, comezaranse a organizar iniciativas que contribúan a dinamizar un sector, o da hostelería, que tanto leva sufrido a crise derivada das consecuencias da COVID-19.
Pola súa banda o Concello de Mos vén a demostrar unha vez máis coa cesión deste espazo na Axencia de Colocación para a Asociación de Hostaleiros, que está volcado na axuda incondicional a este sector empresarial do municipio; ao que leva apoiando desde os inicios da pandemia con diferentes iniciativas e que incluso implicou a inclusión no orzamento municipal para o presente ano 2022 unha novidade moi destacable: a creación dun novo epígrafe de apoio á hostalería dotado dunha cantidade fixa anual de 10.000 euros que se irá revisando cada ano en función das necesidades. Respecto deste apoio á hostalería que incluirá campañas de promoción, dinamización e difusión, entre outras inversións, a alcaldesa destacou que “a crise sanitaria da COVID-19 marcou un antes e un despois para este sector e para a sociedade en xeral, e agora que os integrantes deste colectivo en Mos xa están constituídos como Asociación, cómpre que desde as administracións nos adaptemos tamén á nova realidade”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.96