GALICIA
Galicia superará as 110 casas do maior antes de que remate o ano
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta semana o centro que se porá en marcha en Val do Dubra
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta a casa do maior de Val do Dubra onde anunciou que Galicia superará os 110 destes centros antes de que remate o ano. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica unha nova convocatoria para crear 30 novas casas do maior que se sumarán ás 83 xa en funcionamento.
A conselleira destacou que deste xeito poranse a disposición dos concellos sen centro de día 150 prazas gratuítas de atención próximas ás súas casas. A nova orde conta cun orzamento de 2,9 millóns de euros o que permitirá, ademais da posta en marcha destas novas unidades, incrementar en 5000 euros a axuda ás casas do maior máis lonxevas.
Aqueles centros abertos no ano 2019 incrementarán a axuda anual para o seu funcionamento ata chegar aos 24.200 euros ao ano, ao que hai que sumar un pagamento para os gastos derivados do transporte das persoas maiores. Así mesmo, esta nova convocatoria contempla as novidades incluídas na última orde como ampliar o perfil do usuario, que xa non precisa ter un grao de dependencia recoñecido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11