REDONDELA
Novas charlas informativas sobre o protocolo de actuación fronte a vespa velutina
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela, xestionada por Alberto Álvarez, continuará esta semana a serie de charlas informativas, impartidas por persoal do SEIS Redondela (Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento), nas que se darán a coñecer os protocolos de actuación fronte á vespa velutina.
Logo das primeiras charlas que tiveron lugar en Cedeira, Reboreda, Vilar, Soutoxusto, Ventosela, Trasmañó e Cabeiro, nesta vindeira semana está previsto a súa continuidade de cara a que, veciñas e veciños, saiban como actuar fronte á praga da vespa asiática ou velutina.
As charlas previstas para esta semana son as seguintes:
- Mércores 16 de febreiro - Centro Cultural Saramagoso - O Viso - 20:00 h
- Xoves 17 de febreiro - Centro Cultural de Cesantes - 19:00 h
- Venres 18 de febreiro - Centro Cultural de San Estevo - 19:30 h
No decurso das charlas informativas veciñas e veciños recibirán información polo miúdo de como facer correctamente o trampeo para velutinas e o protocolo a seguir no caso de atopar un niño. Cómpre salientar que nestes últimos tempos incrementouse de xeito considerable o número de niños de velutina situados no chan, entre a maleza ou a alturas baixas, co conseguinte perigo que iso supón para as persoas que estean realizando labores de limpeza nas fincas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.185