Lunes, 02 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 01 de Marzo de 2026 a las 20:53:17 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 13 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
A Guarda

A Xunta preocupada por reforma da Sangriña "pode poñer en risco a continuidade do Guardés"

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza de urxencia coa xunta directiva da Federación Galega de Balonmán, representada no presidente Bruno López, e cos representantes do Club Balonmán Atlético Guardés, na figura de José Manuel Silva, para tratar as cuestións sobre a reforma do pavillón da Sangriña.

 

O proxecto municipal para a reforma do devandito pavillón, “máis alá de non ser o óptimo deseño que precisa o Guardés xa que seguiría sen poder acceder á fase de grupos da Liga Europea”, dixo o secretario, “pon en risco a continuidade do equipo xa que supón un custo inasumible e a falta de alternativa doutro escenario no que xogar os seus partidos”.

 

Lete Lasa expresou a súa “profunda preocupación” ante o “futuro incerto” dun equipo feminino que “leva anos facendo historia non só en España, conquistando a Liga en 2017, senón tamén en Europa durante oito anos consecutivos”. Neste sentido, o mandatario galego informou que convocará “de xeito inmediato” ao Concello da Guarda para buscar “unha saída a unha situación inadmisible”.

 

O secretario xeral lembrou que “un club tan grande como o Guardés, precisa un pavillón axeitado á súa magnitude”, pero que non o pode facer a calquera custo. “A Xunta sempre ofrecerá o seu total apoio e a súa absoluta disposición para colaborar cos equipos senlleiros de Galicia, como é o caso do Guardés” sentenciou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.