Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Miércoles, 16 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Secretaria Xeral e Voceira socialista de Tomiño no Comité Provincial

Violeta de Santiago Moure, Secretaria Xeral e Voceira socialista de Tomiño representará a Agrupación socialista no Comité Provincial, máximo Órgano de decisión do PSdeG de Pontevedra entre Congresos, ao ser incluída nas listas que foron avaladas polo 98% dos Delegados e Delegadas do 4° Congreso Provincial celebrado este fin de semana en Vigo, e no que o Secretario Xeral, David Regades, foi reelixido para seguir á fronte dun partido forte, unido, municipalista e feminista.

 

A socialista tomiñesa valora este Congreso como o da unión e integración, así como de alegría e fraternidade, no que tamén houbo momentos de moita emoción homenaxeando a Eva García de la Torre e a tant@s compañeir@s que xa non están pero que seguen nos nosos corazóns para sempre. Imposible conter as bágoas ó lembrar a referentes do socialismo de Tomiño como, Mario Rodríguez, Marisol Álvarez e Manuel Leirós.

 

Considera Violeta de Santiago que o socialismo de Pontevedra saíu desta cita congresual con forzas renovadas, moita ilusión e confianza no futuro para seguir mellorando os resultados nas vindeiras eleccións municipais que permitirá seguir traballando por unha sociedade máis xusta e igualitaria, pensando sempre na veciñanza de todas e cada unha das parroquias de Tomiño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.