GALICIA
O Observatorio da eólica mariña avanza na identificación de oportunidades
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta semana nun novo encontro do grupo de traballo centrado en tecnoloxía e innovación, mantendo o compromiso de que calquera proxecto deberá ser compatible coas actividades xa existentes
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta semana xunto con representantes das consellerías do Mar e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, nun novo encontro do Observatorio da eólica mariña, en concreto do grupo de traballo centrado na tecnoloxía e innovación.
O Observatorio continúa, deste xeito, traballando na identificación de oportunidades e na avaliación de como pode afectar ao contorno e á actividade marítimo-pesqueira a instalación deste tipo de parques eólicos.
Un traballo que se está realizando desde a colaboración e o diálogo con todos os axentes implicados, así como co compromiso de favorecer un desenvolvemento deste sector ordenado, froito da planificación, e coas garantías de que calquera proxecto que se aprobe sexa compatible coas actividades xa existentes, respectando e protexendo o medio ambiente a as costas galegas.
A este respecto, Galicia segue agardando o documento definitivo do Goberno central dos Plans de Ordenamento do Espazo Mariño (POEM), a folla de ruta que establecerá as zonas nas que se poderá estudar a posibilidade de instalar parques así como as liñas de evacuación. Mentres isto non ocorra ningún promotor pode tramitar un parque eólico mariño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11