PONTEAREAS
A Xunta inviste máis de 76.000 euros en traballos preventivos en montes de Ponteareas e As Neves
Consistiron na mellora de pistas forestais, de devasas ou de faixas auxiliares, e na instalación de pasos de auga, entre outras actuacións
A Consellería do Medio Rural vén de realizar diversas obras preventivas no distrito forestal XVII O Condado-Paradanta. Así, o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais actuou nas parroquias de Santiago de Oliveira e Padróns, no concello de Ponteareas, e nas de Rubiós, Taboexa e San Cibrán de Ribarteme, no municipio das Neves.
En concreto, en Ponteareas actuouse na creación e mantemento de faixas auxiliares e executáronse rozas de pistas para eliminar matogueira de diversas alturas e densidades, cos obxectos de anticiparse aos lumes forestais e de facilitar o tránsito polo monte dos medios de prevención e extinción. Tamén se arranxaron camiños con motoniveladora e se instalaron pasos de auga tanto no monte de Coto do Gato como no Monte Galleiro. Neste último, limpáronse -ademais- cunetas con retroescavadora e construíuse unha explanación mellorada con saburra natural, acadando un investimento total de 40.786 euros.
Mentres, nas Neves levouse a cabo a limpeza mecanizada de cortalumes, para interromper a continuidade da vexetación de cara a minimizar os efectos de posibles incendios forestais. Tamén se crearon e mantiveron faixas auxiliares e se executaron rozas en pistas, ademais de colocar pasos de auga naqueles lugares onde eran necesarios. Para rematar, limpáronse cunetas, arranxáronse camiños con motoniveladora e aplicáronse varias capas de saburra natural e compactada, por un importe total de 35.356 euros.
Todas estas obras enmárcanse no Plan de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural, que no ano 2021 contou cun orzamento de case 30 millóns de euros para actuar en máis de 58.000 hectáreas de territorio e nuns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación. O obxectivo final destas accións preventivas é evitar que o lume se produza, e en caso de producirse, limitar ao máximo a súa propagación e minimizar os danos causados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49