Lunes, 16 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 20 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Ana Pastor Demanda en Salceda a modificación da Lei Catastral e o soterramento da liña de alta tensión

Dende o PP deman unha partida orzamentaria para facer posible no futuro próximo o soterramento da liña eléctrica de alta tensión que atravesa o casco urbán da esfarrapada o carón de edificios e vivendas unifamiliares.

Na mañán de onte visitaron Salceda de Caselas a Deputada nacional e Vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, o Deputado nacional Javier Bas e Juan Constenla, así como o Senador Javier Guerra, para mostrar ante a veciñanza as reivindicacións e propostas feitas polos seis concelleiros populares co seu voceiro a fronte, Santiago Rodríguez Davila, ante o goberno de España en dous asuntos que preocupan, e moito, os veciños salcedenses. Todas elas, foron elevadas o Congreso dos Deputados e o Senado, polas persoas que hoxe estiveron de visita no Concello salcedense, e que fan seus esas preocupación, reivindicacións e melloras sensatas, realistas e xustas.

 

Son o chamado Catastrazo e a Líña de Alta Tensión que pasa a moi baixa altura e moi pegada a casas e edificios na zona da Lagoela na entrada o casco urbán da Esfarrapada. Así o trasladan os medios:

 

 

"Catastrazo"

 

Esta proposta de modificación da Lei do Catastro Inmobiliario para exceptuar de consideración de solo de natureza urbana os bens inmobles de características especiais e aqueles que non estén calificados como tales no instrumento de ordenación (PGOM ou Normas Subsidiarias (como é o caso de Salceda) e que teñan unha antigüedade de máis de 20 anos en vigor (como é o caso de Salceda), poidan quedar sen efecto, e polo tanto non se lle cobre urbana-ibi os veciños por esas fincas-terrenos que non poden edificar sobre elas por carecer de servizos básicos, desniveis no terreno, acceso a camino público, afeccións de ríos, tendidos eléctricos…” indicaba.

 

Pastor tamén dizo que “o que pretendemos con esta emenda é deixar sen efecto o catastrazo e que os veciños volvan a estar na situación anterior o inicio desta revisión catastral, e polo tanto, que non paguen por fincas-terrenos que nunca van poder ser edificables polas suas características. A maiores, evitaríamos que ano tras ano os veciños teñas que pedir as bonificacións para unhas parcelas en concreto, xa que moitas outras si teñen que pagar a día de hoxe por non aceptar o goberno de Salceda as propostas que lle fixemos para evitar esta inxustiza tributaria”

 

Doutra banda sinalaba que isto “é unha preocupación real e seria que afecta a centos de veciños, que miran como o catastrazo lles está afectando as súas economías para chegar a fin de mes. Está a supor, un desembolso económico desproporcionado para o valor e utilidade que teñen moitos deses terreos. É a maior suba de impostos da historia do noso Concello. O IBI, subiu en Salceda un 42% nos últimos anos”.

 

Os cidadáns non teñen porque “pagar” unha nefasta xestión dos recursos económicos do Concello por parte do gobernó bipartito, que está máis preocupado de ver que fai a outra parte do gobernó, que solucionar as necesidades da cidadanía, cun catastrazo sen precedentes, que este goberno das señoras Verónica Tourón e Dolores Castiñeira, recolleron nas súas previsións de ingresos no orzamento e que non interpuxeron ni un so recurso contra o mesmo, mostrando así a sua total conformidade, aprobación e beneplácito” indicaba aVicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados

 

Con esta iniciativa solucionaríase unha problemática que teñen moitos concellos de toda España, sendo Salceda de Caselas, e concretamente o Grupo municipal Popular, quen o plantexa por vez primeira para dar solución a un inxusto e desproporcional catastrazo” indicaba engadindo que ante a negativa do goberno de España de deixar debater e aceptar esta iniciativa beneficiosa para os habitantes do Concello de Salceda, seguiremos plantexandoa e insistindo onde corresponda, para acadar unha solución definitiva a esta cuestión”

 

Alta tensión

 

 

Sobre al liñas de alta tensión que cruzan o núcleo urbano da vila dixo que “unha nova e necesaria iniciativa para mellorar a vida das persoas que viven o caron desta rede eléctrica de gran voltaxe e dos restantes veciños do noso Concello. Esta infraestrutura pasa moi baixa e moi preto de vivendas e edificios onde viven centos de salcedenses. Así mesmo, pasa por riba de varias beirarrúas, cos conseguintes prexuizos para os viandantes”.

 

A gran voltaxe afecta a propia natureza, como se pode comprobar nas árbores que están baixo a liña, que non medran igual cas que están máis afastadas. Igualmente, pasa a moi poucos metros da esquina dun dos edificios da zona da Lagoela, así como por riba de terreos de vivendas unifamiliares que a cotío os veciños que alí viven, están baixo ese campo eléctrico e magnético que crea esa liña. Asemade, pasa tamén preto de varias ventanas do outro edificio de enfrente, polo que o problema afecta a moitas vivendas en un pequeño espazo” sinalaba

 

Solicitamos o goberno central que invista no proxecto o necesario para a continuación poder soterrar a mencionada liña, posibilitando así, o desenrollo da zona con máis seguridade para as persoas” indicaba Pastor engadindo que pomos unha vez máis os problemas dos salcedenses enriba da mesa, tentando buscar unha solución os mesmos. O seguiremos a facer, e así poder seguir anunciando melloras e propostas como as que nos ocupa e preocupa no día de hoxe”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.