GALICIA
Aberto o prazo para solicitar axudas para estancias en residencias ou coidador no fogar
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou o centro Doralresidencias EN Mos, que acolleu estancias temporais
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a nova orde de Respiro familiar que permite que persoas dependentes ou con discapacidade realicen estancias temporais en residencias que facilitan o descanso dos seus coidadores habituais. A través deste programa, a Xunta de Galicia financiará o 100% da estadía en calquera centro residencial da Comunidade sen límite de tempo e ata un máximo de 1500 euros; ou achegará un máximo de 1000 euros para aboar o custe dun coidador no fogar.
![[Img #74411]](https://xornal21.com/upload/images/02_2022/6406_p05_01b.jpg)
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou onte a residencia de DoralResidencias en Mos, que acolleu durante o 2021 estancias temporais de usuarios para facilitar a conciliación e o descanso do coidador. Durante a visita, Fernando González Abeijón explicou que o Goberno galego investirá 600.000 euros nesta nova convocatoria, na que se poderán xustificar estancias temporais desde o 1 de decembro de 2021 ata o 30 de novembro deste ano, sempre e cando se conte co correspondente informe do traballador social que acredite as circunstancias de cada caso.
O principal obxectivo é facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos coidadores. Poderase acceder á axuda sempre que a persoa ou persoas que atende sexan residentes na Comunidade. Ademais, a persoa á que atende deberá recoñecido un grao II ou III de dependencia, ou ben ter acreditado mediante informe médico e social a necesidade axuda de terceiros para actividades da vida diaria.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11