MOS
Victoria Alonso di estar "alarmada " ante as declaración feitas por Cebreiro no pasado pleno
Os socialistas califican de graves declaracións feitas pola Concelleira de Servizos Sociais en relación as tarxetas inexistentes para as familias usuarias do departamento
No derradeiro pleno do Concello de Mos, o PSOE de Mos presentou unha moción que viu motivada polo acto de entrega de agasallos de reis organizada polo Concello para as familias usuarias de servizos sociais. A raíz deste acto, no que cuestionaban a necesidade de expoñer as familias, decidiron propoñer a creación dunha tarxeta dende o concello para que as familias puidesen facer a compra dos alimentos e outros produtos coma o agasallo de reis.
Dita tarxeta tiña como finalidade "a integrtación destas familias na sociedade, como mecanismo de apoio para o difícil momento que atravesan pero tamén concienciación para que sexa unha compra de produtos básicos e de hixiene. Proposta que é levada a cabo noutros concellos e que é valorada como positiva por profesionais do sector dos servizos sociais, aínda que o PP mosense votou en contra".
Dende o PSOE explican que "a concelleira argumentou que estas tarxetas xa existen e que calquera persoa pode mercalas nos establecementos do Eroski e Gadis". Ao que os socialistas replicaron dicindo que "estas declaracións son escandalosas xa que a tarxeta Mos Axuda, posta en funcionamento durante a pandemia xa non está en uso, que non é algo que se poida mercar e que é o persoal de servizos sociais quen deben valorar o acceso a estas tarxetas. A isto súmanlle que a tarxeta a que fan referencia da Xunta está dando problemas para renovala e que en xuño cancélana, sen que se saiba se vai continuar".
Doutra banda os socialistas sinalan que "a concelleira afirmou que son os propios concelleiros que fan porta a porta polas empresas para pedir aportacións económicas para estas tarxetas, unha información difícil de verificar porque estas doazóns non están rexistradas nas arcas municipais. A afirmación da existencia duns fondos que descoñecen no concello parece ser un asunto moi cuestionable para os socialistas".
A voceira dos socialistas, Victoria Alonso, di estar "alarmada ante as declaración feitas no pasado pleno xa que son mentira e moi graves". Incide en que "en ningún momento cuestionaron a labor que se fai dende servizos sociais e que pode ser complementaria a outras medidas que se leven a cabo". Finaliza dicindo que "estas declaracións deben ser aclaradas ante a veciñanza, porque afirmaron a existencia de tarxetas que non están en funcionamento e aportacións de empresarios das que non hai rexistro". Polo tanto di a voceira, que "vai pedir explicacións formais e que se aclare este tema posto que o departamento de servizos sociais é un dos máis importantes e merece o máximo respeto".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.6