SALCEDA DE CASELAS
Volve o Entroido Centenario de Salceda ás rúas da vila
A Casa da Cultura Castelao acolleu a presentación da programación do Entroido de Salceda de Caselas, nun acto que contou coa presenza do Concelleiro de Cultura Álex Rodríguez e da Alcaldesa Verónica Tourón por parte do Concello , acompañados de Tere Acuña e José Fernández por parte do barrio da Feira e Javier Martínez e Diego Gándara por parte do Castro Barreiro.
O Entroido de Salceda recupera este ano varias das citas máis importantes, e que caracterizan a cita cultural con máis arraigo no Concello, e unha das máis antigas de Galicia. Deste xeito, o domingo as carrozas e comparsas voltarán desfilar polas rúas da Esfarrapada, na vixésimo terceira edición do desfile institucional, que este ano incorpora unha novidade para facilitar que o público poida apreciar o desfile con máis facilidade. Deste xeito, os dous desfiles emitiranse en directo a través das redes oficiais do Concello, garantindo unha difusión dos eventos universal.
Outra das citas que volve é o tradicional Rancho de Entroido da Feira, recuperado no ano 2018, que fará a actuación e o desfile por distintos puntos da vila acompañado polos Cabaleiros. O Rancho de Entroido de Salceda é único pola súa composición de seis danzantes e dúas damas, e pola súa música e os seus bailes. Este ano, ademais, contará tamén coa participación do Rancho Infantil de Entroido, asegurando así o relevo xeracional dunha tradición centenaria.
Este ano, o Entroido de Salceda vivirá un antes e un despóis, xa que o xoves 24, o pleno da corporación aprobará a Solicitude para a Declaración do Entroido de Salceda de Interese Turístico de Galicia. A memoria que se enviará Turismo de Galicia é froito de máis dun ano de traballo por unha empresa especializada, na que se recollen todas as mostras e singularidades dun Entroido único en Galicia, tal como describíu Alex Rodríguez, que confía en obter o visto bo da Axencia Turística, convertíndose no décimo Entroido de Galicia en ser declarado Festa de Interese Turístico.
Castro e Barreiro e A Feira celebrarán o martes 1 de marzo(festivo local) o seu día grande, coa presentación das súas carrozas e comparsas, nas que participan máis dun cento de persoas de tódalas idades. Ás 17.00 chegarán á Praza do Concello, onde exhibirán o minucioso traballo realizado nas últimas semanas, para posteriormente trasladar a loita ao cruceiro da Fonte da Pedra.
A música, neste caso protagonizada pola Banda Cultural de Salceda tamén volve este ano á programación co Concerto de Entroido, que se celebrará no patio do CEP Altamira. Sen dúbida trátase dunha das citas máis esperadas polos afeccionados e afeccionadas á música. A programación complétase con obradoiros dirixidos ao público infantil e coa primeira edición do Concurso de Filloas doces e salgadas, no que participan 11 establecementos da vila.
Alex Rodríguez, Concelleiro de Cultura: “Este ano voltamos as rúas, nun Entroido no que a protagonista é a veciñanza, a través das distintas asociacións e colectivos que durante varias semanas traballan na elaboración das súas carrozas e comparsas. Dende o Concello confiamos en que o vindeiro ano a nosa celebración máis arraigada poida contar coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, outorgándolle así a importancia que merece”.
Verónica Tourón, Alcaldesa: “Agradecer a todas as persoas que dun xeito ou outro fan posible o entroido e en xeral a toda veciñanza de Salceda o seu esforzo e ilusión por traballar para poñer en marcha de novo o entroido no noso concello e recuperar esta festa tan nosa para a normalidade, despois de dous duros anos de pandemia. Convido igualmente a todas aquelas persoas da comarca, a que se acheguen a Salceda a gozar desta maravillosa festa que é o noso Entroido e a coñecer o noso pobo e toda a beleza da súa cultura e tradicións”.
PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2022
Sábado 26 de febreiro
16.00 a 19.00 Obradoiros de Entroido. Praza do Concello.
17.00 Concerto de Entroido da Banda Cultural de Salceda. CEP Altamira.
Domingo 27 de febreiro
Rancho de Entroido da Feira acompañado dos Cabaleiros.
12.00 Parque Raíña Aragonta
12.30 Praza da Devesa
13.00 Praza do Concello
17.00 XXIII Desfile de carrozas e comparsas. Saída da Praza da Devesa
Luns 28 e martes 1 de marzo
Centenario enfrontamento entre os barrios de A Feira e Castro Barreiro.
Martes 1 de marzo
17.00 Presentación das Carrozas e Comparsas de A Feira e Castro Barreiro na Praza do Concello, e ás 19.00 no cruceiro de Fonte da Pedra.
Do 23 de febreiro ao 2 de marzo
Primeiro Concurso de Filloas Doces e Salgadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11