Viernes, 08 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 08 de Mayo de 2026 a las 08:01:39 horas

Xornal21.es
Miércoles, 02 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta adxudica a explotación das estacións de autobuses de Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo

No caso da estación de autobuses intermodal de Vigo, ao atoparse en obras, o comezo da súa concesión quedará condicionado á recepción das instalacións

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a explotación das estacións de autobuses de Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo para os vindeiros 5 anos, por un valor estimado de máis de 2,4 millóns de euros (sen IVE).

 

O contrato para a explotación deste servizo foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas Mantenimientos y Servicos de Galicia S.L. y Transportes La Unión, S.A.

 

Cómpre lembrar que sendo o prazo do contrato de explotación destas catro estacións de 5 anos, no caso da estación intermodal de Vigo, que actualmente se atopa en execución, o comezo desta concesión quedará condicionado á recepción das instalacións e da súa posta en servizo.

 

 

 

 

Estas terminais concentran a circulación de vehículos que realizan rutas de transporte interurbano na provincia de Pontevedra, principalmente na contorna da cidade de Vigo

 

 

 

 

Estas estacións de autobuses foron construídas pola Xunta e concentran a circulación de vehículos que realizan rutas de transporte interurbano na provincia de Pontevedra, principalmente na contorna da cidade de Vigo.

 

De xeito máis concreto, a adxudicataria ocuparase dos servizos prestados nestas estacións, que son aqueles con orixe ou destino en Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo.

 

No que se refire aos datos de explotación, as terminais rexistran na actualidade máis de 3 millóns de viaxeiros ao ano e preto de 254.000 expedicións con paradas nestes concellos.

 

Cabe destacar que a Xunta adxudicou tamén este mes as obras de mellora da área intermodal das estacións de autobús e marítima de Cangas, que suporán un investimento de case 400.000 euros,  nos que inclúe o acondicionamento do edificio da terminal, das dársenas e dos accesos desta infraestrutura.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.