• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Lunes, 24 de Agosto de 2026

Actualizada Lunes, 24 de Agosto de 2026 a las 09:51:49 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • O Porriño transforma 557 metros en un nuevo pulmón deportivo y social

      O Porriño transforma 557 metros en un nuevo pulmón deportivo y social

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas logra 1,5 millones para convertir MercaTea en un mercado inteligente

      Ponteareas logra 1,5 millones para convertir MercaTea en un mercado inteligente

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Tui acoge la concentración ecuestre de San Bartolomeu con dos estrenos en Galicia

      Tui acoge la concentración ecuestre de San Bartolomeu con dos estrenos en Galicia

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Nigrán estrena un nuevo 'punto selfie' en Praia América

      Nigrán estrena un nuevo 'punto selfie' en Praia América

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • El gasto de la vuelta al cole supera los 500 euros por hijo: cómo ahorrar

      El gasto de la vuelta al cole supera los 500 euros por hijo: cómo ahorrar

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Redacción / Xornal21.es
Jueves, 24 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
Vigo

Homenaxe a Rosalía de Castro en Vigo

Carmela Silva: “Rosalía provoca alegría, orgullo, que nos poñamos de pé e nos sintamos grandes e fortes. Con ela celebramos a nosa cultura, o noso pobo e ás mulleres galegas que coma ela son esa luz que nos alumea e nos fai sentir orgullosas e orgullosos”

Non podería ter un escenario máis acaído a homenaxe a Rosalía de Castro promovida pola Deputación na sede de Vigo para honrala polo seu día grande. A sala dedicada á autora de Padrón, que leva o seu nome, mesturou esta tarde moitos dos ingredientes que identifican á escritora para preparar un acto con sabor “a gloria”. Así, co caldo así descrito na súa obra Follas Novas e recuperado da man do alumnado do CIFP Manuel Antonio, coa poesía cantada e bailada polos e polas escolares que participaron no certame da Deputación, e lembrada a través do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), o evento que encheu a Sala Rosalía vestiuse coa camelia que leva o seu nome e escoitou o son estelar de Ialma, o grupo de pandeireteiras belgas netas de migrantes galegas. Todo para subliñar, como dixo a presidenta Carmela Silva, que “Rosalía provoca alegría, orgullo, que nos poñamos de pé e nos sintamos grandes e fortes. Con ela celebramos a nosa cultura, o noso pobo e celebramos ás mulleres galegas que coma ela son esa luz que nos alumea e que nos fai sentir orgullosas e orgullosos”.

 

Carmela Silva, acompañada das deputadas de Cultura e Lingua, Victoria Alonso, e María Ortega, amais do presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, e da autora Marta Dacosta que deu lectura ao manifesto, cualificou a xornada dedicada á autora como “un día de optimismo” e incidiu en que “a bandeira de Rosalía é a nosa; como este pobo non vai celebrar a Rosalía se ela é o pobo mesmo”, dixo. “Temos a sorte de ser un dos poucos pobos do mundo que teñen unha muller como referente –sinalou-. Unha muller avanzada, libre, forte, comprometida coa súa lingua, coa súa cultura e co seu pobo, que era consciente da realidade do espazo e o tempo que viviu e que foi capaz de contalo como ninguén e de reivindicar outra forma digna para que os seres humanos poidan transitar pola vida. Todos e todas nós sentímonos representados en cada unha das súas palabras, das súas reivindicacións e os seus pensamentos”. “Rosalía –engadiu a presidenta - escribiu e contou a este gran pobo, a súa cultura, a súa lingua, a súa xente, sempre da man da xente máis humilde que precisa de que siga habendo voces que a representen”. E recalcou o feito de que “como xa o fóra Rosalía, as mulleres son hoxe as capitanas da revolución cultural que está a suceder en Galicia”.

 

A programación desta xornada foi promovida polas áreas de Lingua e Cultura da Deputación. A deputada de Lingua, María Ortega, chamou á cidadanía a apuntalar a lingua e a medrar como país da man de Rosalía, a quen definiu como “valente, moderna e rebelde”. Amosouse segura de que a autora de Padrón “está en cada unha das persoas que pon en valor a nosa cultura e a lingua propias máis alá das nosas fronteiras”, e destacou que na Galiza hai “moitas Rosalías, persoas fortes e comprometidas co galego ás que hai que coidar e alentar para que sigan un camiño cheo de éxitos e de divulgación e posta en valor do noso”. Por último, Ortega agradeceu a colaboración de entidades como a AELG e a Fundación Rosalía de Castro camiñando da man da Deputación para afondar no legado rosaliano e organizar e poñer en marcha actividades e iniciativas. Tamén agradeceu ao CIFP Manuel Antonio a degustación do caldo de gloria que Rosalía menciona en Follas Novas, unha receita humilde con moito significado social.

 

Pola súa banda, a deputada de Cultura, Victoria Alonso, puxo en valor que a autora de Padrón “con toda a súa grandeza como escritora e muller valente, sufridora e transgresora no seu tempo, segue a ser un faro prendido baixo o que podernos acubillar de cando en vez cando precisamos luz” e recalcou a necesidade de seguir difundindo a súa figura “como exemplo indiscutible da nosa cultura”. Nesta aposta, a Deputación volveu convocar o concurso escolar ”A Nosa Rosalía”, este ano en formato musical con vídeos nos que o alumnado da provincia musicou poemas da escritora. As propostas “amosaron que hai un enorme talento creativo e moitas ganas de cantar e bailar”, como destacou a deputada, cuxa intervención foi seguida da lectura do fallo dos premios aos centros e alumnado gañadores da categoría ‘Airiños’ deste certame, dirixida a escolares de 4º a 6º de Educación Primaria. As crianzas dos colexios seguiron a retransmisión do evento vía telemática, e despois da proxección dun vídeo resumo de todos os centros entregáronse estes galardóns, que recaeron nesta segunda edición no CEIP Portonovo, de Sanxenxo (primeiro premio), o CEIP Plurilingüe Belesar, de Baiona (segundo premio) e o CEIP Chancelas, de Poio (terceiro premio).

 

No acto foi a escritora Marta Dacosta a encargada de dar lectura ao manifesto da AELG, escrito este ano por Beatriz Maceda co título ‘Pensar [te] libre’, que segue o lema da asociación para 2022 de #SementadePensamentos. “Esta é a forza que atopamos en Rosalía –sinala o escrito-: recoñecérmonos como pobo forte, unido pola lingua”. E amosa “o maior acto revolucionario que nos agasallou Rosalía de Castro! Os seus versos transfórmanse nunha historia que rebela, provoca, emociona e que nos acolle para ‘eu tamén navegar’, para facernos parte dunha nosa historia propia e libre”. “Cosamos –conclúe o manifesto– cos fíos da lingua na que entendemos, debatemos, amamos e enliñemos as nosas ideas e os nosos pensamentos”. Pola súa banda o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, sinalou que “é un día moi importante para Galicia porque celebramos unha figura que nos une, que nos representa e que nos move. E iso todo porque ela traballou pola dignidade da nosa lingua, do noso pobo e da nosa terra, e sempre desde principios que respetasen a igualdade e a liberdade. Rosalía é unha figura fundamental na defensa da igualdade das mulleres e hoxe é tamén un día feliz porque con ela celebramos unha esperanza e unha ilusión para Galicia”.

 

O evento contou coa actuación estrela do cuarteto belga de pandeireteiras Ialma, formado por Marisol Palomo, Verónica e Natalia Codesal e Eva Fernández, fillas de migrantes refuxiadas e refuxiados en Bélxica, que se identifican con Rosalía e foron recibindo o relato das súas familias sobre o amor á súa terra. As artistas interpretaron xunto aos músicos Didier Laloy e Maarten Decombel catro cancións, “Novo alén/baila bela fada”, “Sen Niño”, “Liberdade” e “Rumuxíaba” e mentres soaban estes últimos dous temas as persoas asistentes xa puideron desfrutar da man do alumnado do CIFP Manuel Antonio do “Caldo de Gloria”, servido nunha cunca de barro de olaría artesanal que tamén se puideron levar á casa. Sobre este caldo escribira Rosalía no poema de Follas Novas ‘Miña casiña, meu Lar’, que tamén aparece nos milleiros de manteis que estes días se repartiron entre os concellos e a hostalaría da provincia, seguindo a proposta da Fundación Rosalía de Castro. Amais do alumnado que preparou esta delicia gastronómica, outros catro estudantes do centro apoiaron no acto as tarefas de protocolo, vestidos e vestidas de época con roupa que foi empregada nunha produción sobre Rosalía do Centro Dramático Galego.

 

O público recibiu tamén como obsequios exemplares da camelia ‘Rosalía de Castro’ que forma parte do Xardín de Camelias con Nome de Muller do Castelo de Soutomaior –igualmente levaron plantas desta camelia os centros gañadores do concurso para plantalos nos recintos escolares–, así como o libro “Violetas no asfalto”, de Lucía Novas, que estrea a Colección Medal de Poesía feita por mulleres do servizo editorial de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación.

Noticia anterior:
Vigo recibe 11 millóns dos fondos europeos para mobilidade
Noticia siguiente:
Abel Caballero transmite aos empresarios a importancia da construción da autovía en túnel entre Vigo e O Porriño
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.241

Todavía no hay comentarios

Actualidad

El gasto de la vuelta al cole supera los 500 euros por hijo: cómo ahorrar

El gasto de la vuelta al cole supera los 500 euros por hijo: cómo ahorrar

El verano en redes sociales: cuando la comparación roba el descanso

El verano en redes sociales: cuando la comparación roba el descanso

Uno de cada seis créditos al consumo se usa ya para pagar vacaciones

Uno de cada seis créditos al consumo se usa ya para pagar vacaciones

Cámaras, IA y geolocalización se coordinan para frenar los incendios en España

Cámaras, IA y geolocalización se coordinan para frenar los incendios en España

Opinión

Almaraz: una decisión que mira al futuro

Falta de oportunidad

Cruzar en rojo, el error que todos normalizamos

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Ocho helicópteros y dos aviones combaten el incendio activo en la parroquia de Nogueira

Ocho helicópteros y dos aviones combaten el incendio activo en la parroquia de Nogueira

La Guardia Civil inspecciona la venta de gafas para el eclipse en Pontevedra

La Guardia Civil inspecciona la venta de gafas para el eclipse en Pontevedra

La Guardia Civil desplegará 24.000 efectivos para el eclipse del 12 de agosto

La Guardia Civil desplegará 24.000 efectivos para el eclipse del 12 de agosto

Detenido en Cangas por cuatro robos a víctimas vulnerables

Detenido en Cangas por cuatro robos a víctimas vulnerables

Agenda

Agosto 2026
LunMarMieJueVieSabDom
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Galicia

La Xunta lanza una campaña para reducir los residuos impropios en el contenedor amarillo

La Xunta lanza una campaña para reducir los residuos impropios en el contenedor amarillo

La Xunta destaca la integración de usuarios de Amicos en proyectos medioambientales de primer nivel

La Xunta destaca la integración de usuarios de Amicos en proyectos medioambientales de primer nivel

Provincia

La Deputación adjudica por 243.000 euros la mejora de la EP-5001 en A Caniza

La Deputación adjudica por 243.000 euros la mejora de la EP-5001 en A Caniza

El BNG acusa a PSOE y PP de poner en riesgo los fondos de la Deputación en Vigo

El BNG acusa a PSOE y PP de poner en riesgo los fondos de la Deputación en Vigo

Deportes

Hugo Ribeiro y Alba Ortiz dominan el II Descenso a Nado de Salvaterra do Miño

Hugo Ribeiro y Alba Ortiz dominan el II Descenso a Nado de Salvaterra do Miño

As Torres logra en Catoira su primera victoria de la temporada en la Liga Provincial

As Torres logra en Catoira su primera victoria de la temporada en la Liga Provincial

Mos y Redondela se unen a través del deporte con la Santiaguiño Challenge 10K

Mos y Redondela se unen a través del deporte con la Santiaguiño Challenge 10K

Motor

Suzuki presenta sus diez modelos más veraniegos

Suzuki presenta sus diez modelos más veraniegos

Salud

Las temperaturas extremas disparan la sensibilidad dental en verano

Las temperaturas extremas disparan la sensibilidad dental en verano

La sal fluorada, un aliado para fortalecer el esmalte dental

La sal fluorada, un aliado para fortalecer el esmalte dental

La Xunta mantiene abiertas las ayudas de 12.000 euros anuales para enfermos de ELA

La Xunta mantiene abiertas las ayudas de 12.000 euros anuales para enfermos de ELA

Turismo

Viajes largos en personas mayores: cómo prepararlos para llegar con más seguridad

Viajes largos en personas mayores: cómo prepararlos para llegar con más seguridad

Hogar

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Seguridad | Protección Civil

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Vigo recibe 11 millóns dos fondos europeos para mobilidade

Abel Caballero transmite aos empresarios a importancia da construción da autovía en túnel entre Vigo e O Porriño

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder