Lunes, 16 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 26 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O Goberno salcedense en contra da proposta do PP de rebaixar os recibos do lixo

Nesta semana, o Grupo Municipal Popular, presentou unha moción o Pleno solicitando que o Goberno local se sumase a iniciativa de SOGAMA de trasladar o recibo do lixo un 10% de rebaixa os veciños a cambio de facer campañas e iniciativas que fomenten a reciclaxe dos envases lixeiros. Sogama vai descontarlle o Concello (a todos os de Galicia que están en Sogama) un 5% no prezo que paga por tonelada, e a maiores ofrece a posibilidade de aumentar ata un 10% máis se traslada esa rebaixa os veciños e fai esas campañas de reciclaxer. No debate, o goberno de Psoe e Movemento Salceda, "negáronse a esta posibilidade, argumentando que o serevizo é deficitario". Ante esta "postura negativa para os veciños", os populares a través do seu voceiro, Santiago Rodríguez Davila, manifestaron e argumentaron que:"o Concello recauda o ano 260.000€ polo cobro dos recibos do lixo, se lle aplicamos un 10% desta iniciativa de Sogama os veciños, estes aforrarían uns 26.000 € ano e o Concello deixaría de ingresar esa mesma cantidade. Pero o mesmo tempo, o Concello pagaría ese 10% menos a Sogama e a maiores, súmanselle o 5% de rebaixa feita xa pola sociedade galega do medio ambiente (Sogama), que sumadas fan un 15% de aforro frente o 10% os cidadáns”.

 

“Cada ano pagamos a Sogama máis menos 180.000€ por verter o lixo nas suas plantas de tratamento, si a esa cantidade lle aplicamos o 15% de desconto, o Concello pasaría a pagar 153.000€ ano, é decir, aforría uns 27.000€ fronte os 26.000€ dos veciños, polo que aínda tería un saldo positivo con esta proposta popular que o bipartito rechazou”. sinalan os populares.

 

Engaden que “ non é certo que aumentaría o déficit económoco no servizo entre o que se recauda e o custe que ten, xa que o que se tocaría é menor no apartado de recaudación con respeto o que pagamos a Sogama polo tratamento. Saldría un saldo positivo de máis menos 1.000€ para o Concello, pero non por aumentarlle a taxa os veciños, se non por pagar menos a Sogama, e aínda así, votan en contra”.

 

Doutra banda explican que “o goberno bipartito enrocase en non facerlle a vida máis doada a cidadanía, primeiro foi o despilfarro en cousa innecesarias e non prioritarias, logo o catastrazo e agora néganlle esta posibilidade de baixarlle unha taxa municipal nun momento de situación moi difícil para moitos/as salcedenses”.

 

“ Este goberno está a aumentar a privatización dos e nos servizos municipais, un claro exemplo é o da recollida e servizo do Lixo. Cada mes entran no Concello facturas por tarefas que antes se facían con persoal propio do Concello. O noso Grupo non está en contra de dar e prestar eses servizos, pero si en como se están a xestionar, aumentando o custe desproporcionalmente.” aseguran

 

Por último densde o PP inidcan que “presumen e din que so eles son os defensores dos servizos públicos, cando a realidade desmínteos contundentemente, xa que son os/as campeóns/as da privatización en todas as áreas, servizos e departamentos da administración salcedense"

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.