Viernes, 08 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 08 de Mayo de 2026 a las 12:44:10 horas

Xornal21.es
Miércoles, 02 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación confirma á FEGAMP a súa dispoñibilidade para acoller a persoas refuxiadas de Ucrania

O goberno provincial de Carmela Silva pon a disposición a Residencia Príncipe Felipe. “Non podemos mirar a outro lado, hai que comprometerse”

A Deputación de Pontevedra confirmou hoxe á Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP, a súa dispoñibilidade para acoller ata 35 persoas refuxiadas de Ucrania para axudar a resolver a crise humanitaria derivada da invasión do país por parte de Rusia, e pon a disposición a Residencia do Centro de Menores Príncipe Felipe con espazos para unidades familiares.


No comunicado remitido á FEGAMP, que iniciou a recompilación de información sobre a dispoñibilidade das distintas administracións para organizar o operativo de acollida, o goberno de Carmela Silva confirmou tamén que as persoas refuxiadas disporán de servizo de comedor, roupeiro e lavandería existente no centro residencial para garantir a cobertura das súas necesidades básicas, así como a existencia de servizo de enfermería, asistencia social e servizo de atención psicolóxica, así como dos equipamentos lúdicos e deportivos do Complexo.


A presidenta Carmela Silva sinalou hoxe que “é o momento de comprometerse porque ante o que está pasando non se pode mirar a outro lado. Temos que cooperar e as administracións debemos estar á altura”. A presidenta provincial explicou que o ofrecemento da Deputación foi determinado tendo en conta os recursos existentes e tamén os condicionantes que aínda derivan da pandemia para poder garantir os protocolos de protección e prevención neste centro de menores de carácter social.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.