Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 03 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

Manuel Madarnás presenta este venres “La MMarca”

O concerto será ás 21h. As entradas están á venda en www.tui.gal

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 4 de marzo, ás 21 h o concerto presentación de “La MMarca” de Manuel Madarnás.  Un disco que saíu a luz o pasado mes de agosto cando se presentou amais o primeiro videoclip do tema “Abrázame”, e do que en xaneiro lanzaba o segundo sinxelo “Sway”.  Trátase, segundo Manuel Madarnás, “dun proxecto innovador, con moitas sorpresas e que trata de pór en valor a música instrumental”. Engade que “se busca que a música instrumental, neste caso coa trompeta coma solista, chegue a transmitir e emocionar ao público do mesmo xeito que o pode facer un cantante ou grupo no que o solista sexa vocal”.  Manuel Madarnás, de 25 anos, compaxina este novo proxecto coa realización do máster en trompeta no conservatorio Musikene en San Sebastián e co seu traballo na orquestra Los Players. A súa formación musical iniciouna na Escola de Música de Tui, continuando no conservatorio tudense onde cursou o grao profesional, e xa no CMUS de Vigo obtivo o grao superior en trompeta. Formou parte tamén da Banda de Música Popular de Tui.


As baladas románticas, os boleros e temas pop soarán este venres, no Teatro Municipal de Tui, interpretados por Manuel Madarnás á trompeta, acompañado por Kithos Díaz na batería, Juan Díaz  no baixo, Marcos Guzmán  nos teclados, Jorge Pimentel na percusión e Sic Salem na guitarra. Amais nun dos temas contará tamén coa participación da cantante Julia Rodrígues.


Manuel Madarnás última os detalles do concerto no propio teatro tudense. Hoxe o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, compartían con el uns minutos en plena preparación do evento deste venres.  


O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, manifestou que “é un orgullo para este concello que un alumno do conservatorio, membro da Banda de Música Popular de Tui, se anime a iniciar esta carreira en solitario”. Enrique Cabaleiro salientaba que “dende o concello apoiamos este tipo de iniciativas” ao tempo que lembraba que “historicamente o Conservatorio de Música formou grandes profesionais, e persoas moi emprendedoras no ámbito da cultura, e polo tanto é un orgullo”. Convidaba o rexedor tudense a achegarse este venres ao Teatro tudense para disfrutar deste concerto.


Tamén a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, convidaba a asistir ao concerto deste venres ao tempo que lembraba coma Manuel Madarnás se formou no conservatorio e nas bases da nosa cidade, da música, e neste momento está estudando fóra continuando coa súa formación”. Agora presenta este novo proxecto, no que o concello de Tui brinda a súa colaboración, afirmando a concelleira  que “vai ser un concertazo e estamos desexosos de poder escoitalo”.


As entradas están á venda en www.tui.gal aos prezos de 6€ e 4€.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.