Domingo, 16 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 03 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PSOE avisa ao BNG que ou “negocia os orzamentos con nós ou co PP”

O BNG incumpre o pacto de goberno na elaboración dos orzamentos municipais

A xestora do PSOE de Ponteareas reuniuse onte con carácter de urxencia para analizar o incumprimento do pacto de goberno asinado co BNG. O PSOE de Ponteareas cualifica os feitos como “moi graves” e considera unha “falta de lealdade absoluta que se tivesen remitido uns orzamentos municipais á oposición ser haberse consensuado no seo do Goberno tal e como establece o Pacto de Goberno”.

 

Este mesmo luns o BNG tentou forzar unha reunión co grupo municipal socialista pretendendo así dar por cumprida a obriga da negociación.

 

O PSOE non vai aceptar a presión que agora intenta impoñer o BNG para aceptar uns orzamentos sen consenso previo que non recollen as necesidades para a xestión ordinaria de determinadas áreas imprescindibles para os socialistas como o emprego. “Buscamos uns orzamentos estratéxicos na liña dos fondos Next Generation do goberno de Pedro Sánchez”, afirman dende a xestora.

 

O BNG ten que entender que o PSOE non está no Goberno para levantar a man nun pleno a conveniencia deles. Gobernamos cun marco que é o Pacto de Goberno para aplicar unhas políticas que beneficien aos veciños e veciñas, e o BNG non o está respectando.

 

Engadido aos orzamentos presentarase tamén ao Pleno a modificación da RPT, documento onde aparecen todas as necesidades de persoal do concello. Este documento tampouco esta consensuado e pechado co PSOE, incumprindo así novamente o Pacto de Goberno.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.