Vigo
Teatro, cine, música e contacontos: Vigo programa unha ducia de actos polo 8-M
Abel Caballero e Ángeles Arias presentaron s actividades organizadas polo Día Internacional das Mulleres, que comezan este sábado con cine e finalizan o 22 de marzo cun concerto. O día central, o 8 de marzo, manifestación desde as 19:30h con saída en Praza de España.
O alcalde, Abel Caballero, xunto a Ángeles Arias, en representación do Consello municipal da Muller, informaron da programación para este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, co lema “Feminismo, revolucionando o mundo”.
Segundo avanzou Caballero, as actividades se inician este mesmo sábado, 5 de marzo, e conclúen o próximo día 22 deste mesmo mes e ofrecen unha proposta “da maior relevancia”, variada e con cabida para todos os públicos, con cine, contacontos, teatro, poesía, música e roteiros.
Arias detallou a ducia de accións previstas. O sábado 5 ás 19 horas, proxección da curta “Anatomía dunha serea”, de Adriana Páramo, no Auditorio municipal do Concello, con coloquio posterior coa directora e a actriz Iria Piñeiro. O luns 7, á mesma hora, recital aberto de poesía de xénero, con Silvia Penas, na Casa Galega da Cultura.
O martes, 8 de marzo, ás 10 horas terá lugar o tradicional Pleno específico do Consello municipal da Muller no Concello e pola tarde, ás 19:30 horas, a manifestación convocada por Galegas 8M desde a Praza de España.
Os actos continuarán desde o día seguinte. O mércores 9, ás 20 horas, representación da obra de teatro “Tabú”, da compañía Tarabela Creativa, no Auditorio municipal do Concello (para público de máis de 13 anos). O xoves 10, ás 20 horas, proxección do filme “La ola verde”, de Juan Diego Solanas, no Auditorio do Centro municipal de Teis. O venres 11, ás 17:30 horas, contacontos de igualdade por Paula Carballeira, na Praza 8 de marzo (para maiores de 4 anos) e o sábado 12, desde as 11 horas, visita guiada ao roteiro feminino Sons de Mulleres, a cargo de María Casar, con punto de encontro no Paseo de Alfonso.
A semana posterior tamén haberá programación. O 15 de marzo ás 20 horas se celebrará o acto de entrega do X Premio de Igualdade Ernestina Otero no Auditorio municipal do Concello, que recaeu este ano na catedrática África González. Ao día seguinte, o 16 de marzo, ás 20 horas comezará a representación da obra de teatro “As alumnas”, de Fina Calleja e texto de Paula Carballeira, no Auditorio municipal do Concello (para maiores de 14 anos), mentres que o 17 de marzo, ás 20 horas, se proxectará o filme “Sonita”, de Rolhsareh Ghaem, no Auditorio do Centro municipal de Teis.
As actividades concluirán o 22 de marzo coa actuación musical do grupo Filloas de Cassandra, no salón de actos do MARCO, ás 20 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57