GALICIA
A Xunta inviste 16,2m€ na contratación de máis de 1.300 persoas en concellos galegos
A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, destacou estas emana en comisión parlamentaria que xa se activaron, a principios de febreiro, as tres liñas de axudas do seu departamento dirixidas a xerar emprego nas localidades galegas
A Xunta investirá este ano 16,2 millóns de euros na contratación de 1.300 persoas sen emprego nos concellos galegos. Así o destacou a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, en comisión parlamentaria, onde detallou as tres liñas de axudas do seu departamento dirixidas a favorecer a empregabilidade nas localidades galegas. Son tres programas de apoio que foron tramitados por anticipado de gasto e que xa se activaron a principios de febreiro, en concreto as bases saíron publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 1 de febreiro.
Trátase do programa Aprol Rural; o dirixido á contratación de persoas perceptoras da Renda de Inserción Social de Galicia (Risga); e o destinado a fomentar a empregabilidade nos concellos para acometer obras e servizos de interese xeral ou social. A través destes tres programas, o Goberno galego, segundo apuntou, persegue incentivar a xeración de emprego local e garantir a ocupación de persoas desempregadas, especialmente das que teñen maiores dificultades de inserción laboral.
En palabras de Toca, son tres programas que se suman a outras iniciativas que a través das políticas activas de emprego permiten tamén mellorar as oportunidades laborais dos galegos e galegas nos concellos, como son, entre outros, os obradoiros de emprego ou os apoios para a contratación de orientadores laborais. “Estas tres convocatorias de axudas forman parte dunha medida dentro das políticas activas de emprego”, engadiu.
Con respecto ás tres ordes nas que se centrou a intervención da directora xeral na comisión parlamentaria, Aprol Rural inclúe un investimento de 7 millóns de euros, un orzamento co que se prevé a contratación de 550 persoas desempregadas en 285 municipios rurais galegos para acometer tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, limpeza de montes e xestión de biomasa. Os apoios a percibir polas entidades locais, neste caso, van dos 13.970€ aos 20.250€ en concepto de gastos salariais segundo o grupo de cotización.
Trátase de Aprol Rural, que destina 7 M€ a uns 285 concellos para que contraten persoal que acometerá tarefas vencelladas coa prevención de incendios
Doutra banda, Toca referiuse ás axudas destinadas á contratación dunhas 285 persoas perceptoras da Risga, por un orzamento de case 7,7 millóns de euros, que terán como destino 190 concellos ou agrupacións de municipios. O obxectivo é proporcionar ás persoas traballadoras destinatarias -mulleres e homes en situación ou risco de exclusión social- un contrato que lles permita adquirir práctica profesional necesaria para facilitar a súa inserción laboral.
Por último, o Goberno autonómico inviste 1,5 millóns de euros para apoiar en 220 concellos galegos a contratación de 490 desempregados e desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.
Período 2016-2021
Nestas liñas de axuda, a directora xeral incidiu en que as entidades locais colaboran coa Xunta de Galicia na mellora de empregabilidade das persoas que se atopan en desemprego e que precisan adquirir experiencias, mellorar a súas competencias e capacidades para atopar un emprego por conta allea o ben por conta propia.
A través destas tres ordes de axuda, no período 2016-2021, a Xunta investiu preto de 100 millóns de euros, o que permitiu a mellora da empregabilidade de máis de 10.000 persoas desempregadas.
Toca, para rematar, sinalou que Galicia está a facer “un destacado esforzo investidor” en materia de axudas para o emprego en comparación co resto de comunidades autónomas, apuntando que a comunidade galega foi en 2021 a terceira comunidade por número de axudas ao emprego publicadas pola Xunta e acadou o cuarto lugar por investimento por poboación parada media en 2021 , cunha achega por persoa parada de 1.923,86 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11