Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 07 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

O Camiño de Sequeiros, en Gondomar, mellorado co Plan Concellos

As actuacións foron financiadas con máis de 135.000 euros do Plan provincial e comprenderon a mellora da pavimentación e a instalación da drenaxe superficial

A Deputación de Pontevedra continúa apostando polo seu modelo de mobilidade amable, sostible e segura con actuacións como a reforma e pavimentación do camiño de Sequeiros, en Gondomar. As obras neste viario, que é unha entrada ao núcleo do municipio, foron financiadas con 135.365 euros do Plan Concellos.

 

Con este proxecto, Gondomar poido continuar coas actuacións que xa iniciara no camiño e que tamén foran sufragadas con outros 165.000 euros do Plan Concellos 2018-2019. Os deputados provinciais Santos Héctor e Iria Lamas xunto co alcalde de Gondomar, Juan Francisco Ferreira, e o concelleiro de Vías e Obras, José Manuel Chamorro, achegáronse o pasado venres ata o camiño para coñecer de preto o seu novo estado.

 

Antes das actuacións, que tiveron un prazo de execución de dous meses, o pavimento deste camiño atopábase deteriorado e estaba degradado polo paso do tempo. Agora o camiño de Sequeiro segue o deseño paisaxístico doutros viarios do concello tras ter finalizado as diferentes obras que comprenderon, entre outras cuestións, a instalación de drenaxe superficial e a mellora da pavimentación mediante unha nova capa de rodadura.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.