Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 05 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Xunta colabora co Concello do Porriño na restauración do templete orixinal de Antonio Palacios

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia desta actuación para poñer en valor o legado do arquitecto porriñés e atraer ao concello a turistas e peregrinos do Camiño Portugués a través dunha das súas obras máis emblemáticas

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta semana o parque no que se sitúa o Templete de San Luis, unha das obras máis emblemáticas do arquitecto porriñés Antonio Palacios, onde se vai acometer unha reforma integral para poñer en valor o monumento e a súa contorna. A Xunta colaborará co concello nesta actuación para revitalizar un dos lugares máis visitados do municipio, ao igual que ocorre coa súa réplica na entrada do metro na Gran Vía de Madrid.


Alfonso Rueda visitou a zona xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, o alcalde Alejandro Lorenzo e a arquitecta municipal. Destacou que o acondicionamento do parque e do templete orixinal de Antonio Palacios, así como a súa sinalización, serán un atractivo turístico máis para os turistas e peregrinos.

 

Así, lembrou que polo Porriño pasa o Camiño Portugués, que o ano pasado concentrou a cuarta parte das case 180.000 Compostelas seladas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.