Viernes, 27 de Marzo de 2026

Actualizada Jueves, 26 de Marzo de 2026 a las 19:24:54 horas

Xornal21.es
Domingo, 06 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Curso sobre uso de tecnoloxía móbil para maiores na Axencia de Colocación

Impartirase o 30 de marzo de 16 a 18h e o prazo de inscrición atópase xa aberto. Os interesados poden inscribirse telefónicamente ou por correo electrónico

[Img #74635]A concellería de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial, Emprego e Educación, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios e a Fundación AEB da Asociación Española de Banca ofrece o curso de novas tecnoloxías para maiores titulado ‘Fai click coa tecnoloxía’.


Os interesados en participar xa poden inscribirse nesta acción formativa que impartirá Expertclick o 30 de marzo na Axencia de Colocación do Concello de Mos de 16.00 a 18.00 horas da tarde. Para formalizar a súa inscrición as persoas que queiran realizar este curso deben facelo a través do teléfono 986 48 77 86 ou enviando un correo electrónico ao enderezo info@axenciadecolocacionmos.es


Expertclick ofrece formación en novas tecnoloxías a maiores de 55 anos, especialmente de zonas rurais.
Nos cursos gratuítos presenciais e en liña, os maiores aprenden a navegar con seguridade e confianza por Internet e a utilizar o seu teléfono móbil ou tablet para comunicarse por videoconferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, comprar en liña ou aproveitar o seu tempo de lecer creativo na rede.


O obxectivo é aumentar a súa independencia e autonomía persoal á hora de comunicarse, realizar trámites e participar de forma activa na sociedade, mellorando así a súa autoestima e favorecendo un envellecemento activo e saudable.


Expertclick é un programa realizado por Fundación Cibervoluntarios e a Fundación AEB da Asociación Española de Banca (AEB), co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.


Que aprender en ‘Fai click coa tecnoloxía’?
Os cursos gratuítos de Expertclick ensinan a utilizar: • App para estar conectade@s: videochamadas e Whatsapp • App de xestión para o día a día: saúde e banca en liña • App de entretemento e lecer: redes sociais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.6

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.