O PORRIÑO
O CIM do Porriño atendeu preto de 600 consultas o ano pasado
Destaca a atención ás vítimas de violencia de xénero (189) e a atención psicolóxica (272)
O Centro de Información á Muller (CIM) do Porriño, ubicado no Concello, atendeu o ano pasado un total 590 consultas, a maioría delas demandando atención psicolóxica e asesoramento xurídico en casos de violencia de xénero.
Poñendo o foco nas cifras destaca a atención ás vítimas de violencia machista que ascende a 189 consultas. As referentes a atención psicolóxica foron 222, 30 as demandas de terapia psicolóxica, 57 as consultas sobre dereito de familia e dúas de orientación de emprego.
Cabe destacar estes datos son os que reflicte o informe estatístico autonómico, pendente de actualización que elevaría sensiblemente o número de consultas por cada usuaria.
Un servizo confidencial, personalizado e gratuíto
O Centro de Información á Muller ten como obxectivo favorecer e impulsar a participación da muller, en igualdade de condicións, na vida política, social e económica do Porriño. O seu equipo está formado por unha asesora xurídica e un psicólogo que realizan un importante labor como porta de entrada ás administracións para as mulleres en situación de vulnerabilidade, proporcionándolles asesoramento xurídico, atención psicolóxica e información en materia de recursos dispoñibles no ámbito territorial.
A entidade coordina diferentes actividades divulgativas dirixidas á promoción da igualdade e á eliminación da violencia machista.
Cabe destacar a atención especializada en casos de violencia machista, que proporciona ás vítimas asesoramento xurídico e psicolóxico (denuncias, ordes de afastamento e protección, entre outros), xestión do aloxamento alternativo e dos recursos necesarios nestes casos, tramitación da teleasistencia para as vítimas, apoio psicolóxico e colaboración con outros servizos de intervención en casos de violencia contra a muller como a Garda Civil, as casas de acollida e outros servizos públicos. Tamén gardan unha estreita colaboración co corpo da Policía Local, que fai seguemento das vítimas de violencia de xénero, que actualmente ascenden a nove mulleres residentes no Porriño, protección á vítima, evitar a dobre vitimización e comunican os casos que nos que se interveñen.
"É moi importante que as mulleres saiban que o servizo que se ofrece é totalmente gratuíto, personalizado e confidencial, e que se respecta en todo momento o anonimato e a súa vontade na busca de posibles solucións aos seus problemas", explicou a concelleira de Igualdade, Carolina González.
No mesmo sentido se manifestou o alcalde, Alejandro Lorenzo, que animou "a todas aquelas mulleres que estean atravesando unha situación de vulnerabilidade a pedir axuda no CIM. Alí atoparán a un equipo de profesionais dispostos a axudalas e guialas na procura dunha saída ao problema que atravesan. Deben saber que non están soas".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155