Redondela
O PSOE redondelán renova a súa executiva
Tralo proceso electoral celebrado hoxe sábado, a alcaldesa Digna Rivas asume a secretaría xeral local da que será presidente José Blanco Puga
A Agrupación Local do O PSdeG-PSOE de Redondela celebrou o seu proceso de renovación da Executiva Local coa intención de contar cunha estrutura que dea resposta ás necesidades da veciñanza e poder presentar, á cidadanía, “un proxecto común, forte e unido” segundo afirmou Digna Rivas, nova secretaria xeral da Agrupación e que encabezaba a única lista, consensuada e unificada, que se presentaba.
Coa presidencia de José Blanco Puga, a nova Executiva Local estará formada por Digna Rivas, actual alcaldesa de Redondela, como secretaria xeral á que acompañarán Rita Pérez Táboas na Secretaría de Organización; José Luis Amoedo González, na Secretaría de Acción Electoral; Isaac Araujo Figueroa na Secretaría de Militancia; Alberto Álvarez Pérez como novo secretario de Aministración; Iria Vilaboa na Secretaría de Igualdade; Olga García Ballesteros, engargarase da Secretaría de Política Municipal mentres que Adoración Cívico Garrido terá ao seu cargo a Secretaría de Política Social. Finalmente, Marina dos Reyes Muíño e Martín Rodríguez Alves asumirán as responsabilidades na Secretaría de Formación e Secretaría de Cidadanía, respectivamente.
A Executiva local a completan, en calidade de vogais, Francisco Javier Sotelo Waidele, María Esmeralda García Rodríguez, Leticia González Guisante e Manuel Alonso Carpintero.
A militancia con dereito a voto elixiu tamén neste proceso ás e aos representantes no Comité Nacional e Comité Provincial. No primeiro a Agrupación Local estará representada por Eduardo Reguera Ocampo, Olga García Ballesteros e Olga Rodríguez Puga, mentres no Comité Provincial a representación redondelá será a formada por Isaac Araujo Figueroa, Adoración Cívico Garrido, Martín Rodríguez Alves, Alberto Álvarez Pérez, Rita Pérez Táboas e marina dos Reyes Muiño.
Digna Rivas agradeceu a confianza nela depositada por unha militancia “que son, sen dúbida, a base sólida sobre a que construír un proxecto de futuro de Redondela” e asegurou que á nova executiva “traballará arreo para dar resposta ás necesidades que demanda a cidadanía”.
A nova secretaria xeral dos e das socialistas redondeláns subliñou “que a política non é unha elemento de confrontación e discordia, tal e como o queren entender algúns, senón unha ferramenta de transformación que permite a transformación da sociedade para acadar maiores cotas igualdade, xustiza social e benestar”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.185