• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Lunes, 24 de Agosto de 2026

Actualizada Lunes, 24 de Agosto de 2026 a las 13:16:16 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • O Porriño aprobará un presupuesto récord de 26,8 millones con tasas congeladas

      O Porriño aprobará un presupuesto récord de 26,8 millones con tasas congeladas

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas logra 1,5 millones para convertir MercaTea en un mercado inteligente

      Ponteareas logra 1,5 millones para convertir MercaTea en un mercado inteligente

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Tui acoge la concentración ecuestre de San Bartolomeu con dos estrenos en Galicia

      Tui acoge la concentración ecuestre de San Bartolomeu con dos estrenos en Galicia

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Nigrán estrena un nuevo 'punto selfie' en Praia América

      Nigrán estrena un nuevo 'punto selfie' en Praia América

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • El gasto de la vuelta al cole supera los 500 euros por hijo: cómo ahorrar

      El gasto de la vuelta al cole supera los 500 euros por hijo: cómo ahorrar

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
D. Besadío DUVI
Miércoles, 09 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
Vigo

Comeza a conta atrás para a botadura do 1º barco solar da Universidade de Vigo, o Boeiro I

Foto de familia das alumnas e alumnos da asociación CES-UVigoFoto de familia das alumnas e alumnos da asociación CES-UVigo

A previsión é que sexa a finais de mes e que se estree nunha competición en Mónaco no mes de xullo

Finais de marzo.  Esta é data que teñen en mente as alumnas e alumnos da asociación CES-UVigo para a botadura do que será o primeiro barco solar da Universidade de Vigo, unha proba de fogo para un proxecto nacido hai apenas dous anos da man dun grupo de estudantes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación que, guiados polo fundador da empresa Marine Instruments, Francisco Pino, puxeron en marcha un proxecto ilusionante: a construción dun trimarán propulsado unicamente con enerxía solar. O barco é xa unha realidade e acaban de bautizalo como Boeiro I, illote menor do arquipélago das Cíes, illas  que, dalgún xeito, xa estaban presentes no propio nome do equipo, CES, acrónimo de Clean Energy Ship, que pronunciado en inglés recorda ás illas da costa viguesa. “Quixemos continuar con esa liña que establecemos desde o principio e levar sempre presente a nosa terra”, explica a líder do equipo, Lorena Gil, estudante do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación e cabeza visible  dun equipo composto na actualidade por 13 alumnas e alumnos das tres escolas de enxeñaría do campus de Vigo: Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Industrial e Enxeñaría de Minas e Enerxía.

 

Por diante quédanlle aínda unhas semanas de intenso traballo nas que se centrarán na fabricación da cuberta sobre a que irán os paneis solares. O obxectivo é facer un primeiro test do funcionamento da embarcación e facelo coa marxe temporal suficiente para que a embarcación chegue a xullo, data fixada para a súa estrea nunha competición internacional en Mónaco, en condicións óptimas. “Contamos con ter rematado a finais de mes e facer xa a botadura para poder probar os sistemas fabricados ata agora e comezar o proceso de mellora e optimización”, explica a responsable do equipo, ao que engade que “a idea é detectar con marxe de tempo os posibles puntos de mellora e alcanzar o maior rendemento en termos de potencia, eficiencia e velocidade”.

 

400 células fotovoltaicas farán que o Boeiro “voe” sobre a auga

Actualmente o Boeiro conta cun primeiro deseño dos foils, as superficies de contacto mergulladas na auga que crean unha forza de sustentación que eleva o casco da embarcación fóra da auga, reducindo drasticamente o rozamento do barco contra o mar, o que lle permite alcanzar unha maior velocidade. “Fabricámolos mediante técnicas de infusión por baleiro, cun núcleo de madeira ou escuma de alta densidade, e un exterior reforzado con láminas de carbono”, salienta Gil, ao que engade que todos os mecanismos que levan os foils son de deseño e fabricación propia. “Empregamos técnicas de fabricación que nos dan un amplo rango de mellora nas pezas, como é a fabricación aditiva ou o fresado. Desta maneira estamos sempre en continua mellora dos sistemas que deseñamos, cun baixo custo”, recalca a estudante.


Por outro lado, as baterías estarán alimentadas por unhas 400 células fotovoltaicas situadas na cuberta da embarcación, que subministrarán a enerxía necesaria para facer que o Boeiro “voe” sobre a auga. “Ademais o barco contará cun sistema de telemetría que permitirá monitorizalo e actuar sobre os foils para estabilizar a navegación, ademais de permitir manter unha comunicación constante co piloto”, engade Gil.

 

Cita en Mónaco con 35 equipos de 20 nacionalidades

A primeira competición na que participará o Boeiro I é a Mónaco Energy Boat Challenge, do 4 ao 9 de xullo, un encontro do que formarán parte 35 equipos de 20 nacionalidades. Organizado polo Yacht Club de Monaco, incubadora que apoia o I+D de iates, esta cita ten como principal obxectivo estimular a creatividade, tanto das enxeñeiras e enxeñeiros que están en proceso de form

 

“Quédanos moito por aprender e perfeccionar de cara á competición. Queremos ter un barco competitivo, que dea o mellor de si mesmo en Mónaco, e poder volver cunha morea de ideas novas para incorporar nas competicións que están por chegar”, explica a alumna, quen tamén fai fincapé en que unha das principais finalidades deste tipo de competicións é “poder pór en común cos outros equipos universitarios deseños e ir mellorando ano tras ano”. 

 

Na procura de novos patrocinadores e integrantes para o equipo

Neste momento o equipo atópase en pleno proceso de captación de novos patrocinadores que se sumen aos que xa teñen na actualidade –Marine Instrumentes, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e Vigo Tecnolóxico- e que lles axuden a conseguir os fondos necesarios que lles permitan sufragar os gastos que suporá o desprazamento a Mónaco. “Actualmente Marine Instruments é o noso maior patrocinador, achegándonos axuda técnica e os materiais necesarios para a fabricación dos diferentes compoñentes do barco”, apunta Gil, quen tamén quere destacar o apoio da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e dos docentes que a compoñen, “indispensable para poder ter un espazo preto das aulas e avanzar nas tarefas máis técnicas”.

 

Ademais de novos patrocinadores, desde o equipo destacan tamén que, aínda que teñen prazos específicos para a ampliación de integrantes, estarán encantados de falar con todas as persoas que poidan estar interesadas neste proxecto. “Dende o inicio tivemos en conta que era preciso expandir o proxecto ao resto das titulacións do campus”, recalca Gil, quen se marca como un dos retos para esta tempada “dar a coñecer o equipo, tanto nas carreiras máis técnicas como nas humanísticas, para conseguir un grupo de persoas máis interdisciplinario e no que os integrantes poidamos coñecer de primeira man os labores que se levan a cabo en carreiras alleas ás propias”.

 

Noticia anterior:
Fernández-Tapias destaca o éxito das políticas da Xunta na conquista dunha igualdade real
Noticia siguiente:
La comunidad de montes de Cabral continúa demandando a particulares para reclamarles sus fincas y viviendas
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.241

Todavía no hay comentarios

Actualidad

El gasto de la vuelta al cole supera los 500 euros por hijo: cómo ahorrar

El gasto de la vuelta al cole supera los 500 euros por hijo: cómo ahorrar

El verano en redes sociales: cuando la comparación roba el descanso

El verano en redes sociales: cuando la comparación roba el descanso

Uno de cada seis créditos al consumo se usa ya para pagar vacaciones

Uno de cada seis créditos al consumo se usa ya para pagar vacaciones

Cámaras, IA y geolocalización se coordinan para frenar los incendios en España

Cámaras, IA y geolocalización se coordinan para frenar los incendios en España

Opinión

Almaraz: una decisión que mira al futuro

Falta de oportunidad

Cruzar en rojo, el error que todos normalizamos

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Ocho helicópteros y dos aviones combaten el incendio activo en la parroquia de Nogueira

Ocho helicópteros y dos aviones combaten el incendio activo en la parroquia de Nogueira

La Guardia Civil inspecciona la venta de gafas para el eclipse en Pontevedra

La Guardia Civil inspecciona la venta de gafas para el eclipse en Pontevedra

La Guardia Civil desplegará 24.000 efectivos para el eclipse del 12 de agosto

La Guardia Civil desplegará 24.000 efectivos para el eclipse del 12 de agosto

Detenido en Cangas por cuatro robos a víctimas vulnerables

Detenido en Cangas por cuatro robos a víctimas vulnerables

Agenda

Agosto 2026
LunMarMieJueVieSabDom
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Galicia

Los CIM móviles atienden a mujeres de 170 concellos rurales en cinco meses

Los CIM móviles atienden a mujeres de 170 concellos rurales en cinco meses

La Xunta lanza una campaña para reducir los residuos impropios en el contenedor amarillo

La Xunta lanza una campaña para reducir los residuos impropios en el contenedor amarillo

Provincia

La Deputación adjudica por 243.000 euros la mejora de la EP-5001 en A Caniza

La Deputación adjudica por 243.000 euros la mejora de la EP-5001 en A Caniza

El BNG acusa a PSOE y PP de poner en riesgo los fondos de la Deputación en Vigo

El BNG acusa a PSOE y PP de poner en riesgo los fondos de la Deputación en Vigo

Deportes

Hugo Ribeiro y Alba Ortiz dominan el II Descenso a Nado de Salvaterra do Miño

Hugo Ribeiro y Alba Ortiz dominan el II Descenso a Nado de Salvaterra do Miño

As Torres logra en Catoira su primera victoria de la temporada en la Liga Provincial

As Torres logra en Catoira su primera victoria de la temporada en la Liga Provincial

Mos y Redondela se unen a través del deporte con la Santiaguiño Challenge 10K

Mos y Redondela se unen a través del deporte con la Santiaguiño Challenge 10K

Motor

Suzuki presenta sus diez modelos más veraniegos

Suzuki presenta sus diez modelos más veraniegos

Salud

Las temperaturas extremas disparan la sensibilidad dental en verano

Las temperaturas extremas disparan la sensibilidad dental en verano

La sal fluorada, un aliado para fortalecer el esmalte dental

La sal fluorada, un aliado para fortalecer el esmalte dental

La Xunta mantiene abiertas las ayudas de 12.000 euros anuales para enfermos de ELA

La Xunta mantiene abiertas las ayudas de 12.000 euros anuales para enfermos de ELA

Turismo

Viajes largos en personas mayores: cómo prepararlos para llegar con más seguridad

Viajes largos en personas mayores: cómo prepararlos para llegar con más seguridad

Hogar

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Seguridad | Protección Civil

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Fernández-Tapias destaca o éxito das políticas da Xunta na conquista dunha igualdade real

La comunidad de montes de Cabral continúa demandando a particulares para reclamarles sus fincas y viviendas

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder