Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 09 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
O Porriño

Concello e Xunta abordan a mellora da avenida Buenos Aires e da rúa Progreso

Técnicos da Consellería de Infraestruturas visitaron co alcalde estes viais para comprobar as deficiencias existentes e elaborar un proxecto de acondicionamento e mellora

Concello e técnicos da Xunta abordaron a mellora de accesos ao centro urbano do Porriño. Trátase concretamente da Avda. Buenos Aires e da rúa Progreso, ambas de titularidade autonómica, nas que se analiza acometer melloras tanto do firme como das beirarrúas.

 

Así, técnicos da consellería de Infraestruturas visitaron recentemente a zona acompañados polo alcalde, Alejandro Lorenzo, para valorar o estado no que se atopa e puideron comprobar as deficiencias existentes co fin de elaborar un proxecto de acondicionamento e mellora destes viais.

 

“Trátase de dúas rúas moi transitadas que necesitan dunha intervención urxente, pois falamos dun dos accesos principais ao centro urbano”, explicou o rexedor, “Contamos co compromiso firme da Xunta para esta e outras intervencións noutros viais de titularidade autonómica no noso municipio, tal e como nos confirmou a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez”.

 

O alcalde apunta que as melloras nos viais do municipio non se limitarán a estas zonas. “Para iso elaboramos un plan de melloradas beirarrúas e viais que permitirá un acondicionamento integral dos espazos urbano do municipio”, concluíu o rexedor, “Unha planificación viable que inclúe varias actuacións a curto e medio prazo moi reclamadas pola veciñanza, tanto no centro urbano como nas parroquias”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.