SALCEDA DE CASELAS
O PSdeG de Salceda renova á maioría da súa executiva local
O PSdeG de Salceda de Caselas celebrou o pasado xoves día 3 a súa asamblea para elixir nova executiva local, proceso de renovación orgánico que se desenvolveu en todas as agrupacións socialistas locais galegas durante toda a semana pasada.
Por unanimidade decidiuse dotar de continuidade á maioría das persoas membros da anterior executiva polo seu bo facer, unidade e coordinación á ahora de realizar as tarefas que se lle encomendaron durante os últimos catros anos da súa vixencia. Na presidencia da nova executiva renovou o histórico militante da agrupación Antonio Rivero Oubiña, coñecido como Antonio da Quinta e na Secretaría Xeral a actúal alcaldesa Verónica Tourón.
As únicas novidades introducidas na executiva corresponderon á incorporación de tres novas persoas na mesma, Ana Belén Valiño ocupará a Secretaría de Organización, Xurxo Gregorio Vaqueiro a Secretaría de Medio Ambiente e Francisco Javier Osorno Camiña a Secretaría de Comunicación e Novas Tecnoloxías.
Verónica Tourón sinalou “A importancia de manter a unidade e cohesión na agrupación local de cara a celebración das próximas eleccións municipais, nas que contar cunha executiva forte e con experiencia no eido local é fundamental para acadar mellores resultados electorais”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11