O PORRIÑO
O BNG acusa ao Alcalde de dar información falsa na obra de San Benito
O BNG do Porriño quere "desmentir a noticia difundida polo Alcalde na que afirma que a humanización de Manuel Rodríguez, actualmente en execución e proxectada polo Bloque cando formaba parte do goberno, só renova as redes de saneamento e abastecemento dun dos lados da rúa. É falso, a totalidade das vivendas da rúa, a ambos lados, contarán con novos servizos de saneamento, con separación de fecais e pluviais, de abastecemento, de rede eléctrica e de telecomunicacións. Son novas tanto as redes xerais como as acometidas particulares. O proxecto inclúe tamén, ademais do novo pavimento, a renovación de mobiliario urbano e luminarias, así como a impermeabilización da fonte ou a colocación de árbores e xardineiras".
Segundo o Bloque "o PP falta á verdade nun intento de descualificar a xestión realizada polo Bloque, pero a veciñanza do barrio foi sempre coñecedora da mesma e sabe que o que di o alcalde non é certo. É ridícula a afirmación que fai Alejandro Lorenzo de que só se renovaban servizos nunha beira da rúa cando o orzamento da obra achegábase aos 500.000€ e o custe da ampliación que agora anuncia non alcanza os 40.000€; en realidade, refírese á renovación de seis acometidas particulares situadas no Paseo Enrique R.Rodríguez, onde xa existía servizo e inicialmente non estaba previsto cambiar a lousa porque o pavimento estaba en bó estado. A cidadanía do Porriño ten memoria e coñece perfectamente que as humanizacións as rúas peonís no casco urbano só avanzan da man do BNG".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155