Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 10 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os bebés do Porriño recibirán nas súas casas o seu carné da Biblioteca

A cada bebé que nace no Porriño dáselle a benvida co seu carné da Biblioteca Municipal e un libro para axudarlles a crear a súa primeira biblioteca

O Concello do Porriño quere que as súas nenas e nenos se familiaricen coas historias contadas dende ben pequenos e que aproveiten  todos os beneficios que a lectura pode aportar nos primeiros meses da súa vida.

 

"Ler aos bebés é unha experiencia moi enriquecedora, para eles e para a súa familia, xa que o `momento dos libros´ pode establecer un importante vínculo entre eles", explicou Bienvenido Estévez, concelleiro de Cultura, "A lectura aporta numerosos beneficios nos primeiros anos de vida e axuda ao seu crecemento".

 

Por iso, a cada bebé que nace no municipio dáselle a benvida co seu carné da Biblioteca Municipal. As nenas e nenos reciben nas súas casas unha caixiña de benvida que inclúe o seu carné da Biblioteca Municipal e un libro para axudarlles a crear a súa primeira biblioteca.

 

Tamén inclúe unha guía didáctica para estimular a lectura nos bebés dende o seu nacemento, con moitas ideas, consellos e informacións que subliñan a imporancia de lerlles durante o seu primeiro ano de vida. Ademais, reciben un saquiño de semillas e unha bolsiña para levar os seus libros.

 

"A cultura en xeral, e a lectura en particular, son dous piares básicos da nosa sociedade e por iso dende o Concello queremos sembrar nos porriñeses e porriñesas do futuro a semilla para un hábito que lles abrirá horizontes e os acompañará toda a vida", explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

 

Cabe destacar que na sala infantil da Biblioteca Municipal as familias poden atopar moitos libros sobre lactación, crianza e educación que poden servilles de axuda, ademais dunha sección de libros para bebés de entre 0 e 12 meses e centos de libros infantís que poden escoller para ler xuntos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.