DEPORTES
Catro medallas e bos resultados no nacional Sub18
Catro medallas, e catro postos de finalistas foi o balance xeral da actuación dos galegos e galegas que acudiron esta fin de semana a Valencia para tomar parte no Campionato de España de pista Cuberta Sub18.
O máximo foco de atención desta importante cita estivo posto unha vez máis na participación de Xela Martínez que non desaproveitou a oportunidade para postularse como unha das máis importantes e serias promesas do noso deporte. A lucense gañaba na final cun rexistro de 4:26.76 que representan a mellor marca dos campionatos…simplemente descomunal.
Carlota Salgado en combinadas, e malia ¨tropezo¨ nunha das súas probas fortes como é a altura, recompúxose para lograr MMP tanto na lonxitude como nos 800 m. que a fixeron merecedora -deixando excelentes sensacións- do subcampionato nacional cunha MMP de 3.504.
Precisamente sobre o concurso de altura Emma Sihuang Pérez refrendaba esa terceira mellor marca das participantes logo de saltar ata os 1.71 m. que facían que novamente- e como xa fixera o ano pasado- lograra unha extraordinara medalla de bronce en todo un campionato nacional.
A última das medallas correspondía a velocista Ainhoa Repáraz quen nun destacado campionato lograba a súa segunda mellor marca persoal en pista cuberta nas semifinais dos 200 m. con 24.85 para xa na final, rematar en 24.89 que lle daban o bronce sobre o sintético levantino.
De igual modo resultaron tamén salientables os postos de finalistas logrados por Sergio Quintas do C.D. Las Purísima nos 1.500 con 4:03.01; Xoel Otero do A.A. Mazí en triplo con 13.85 m. e Alicia Barreiro do Ría Ferrol nos 400 m. con 58.14.
Mención aparte ten o sétimo lugar da plusmarquista galega do Celta Lisa Vosberg quen non tivo o seu día no concurso de pértega no que saltaba ata 3.32 m. sobre un listón no que recentemente voaba ata os 3.60 m.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218