DEPORTES
O CN Ponteareas acada resultados salientables no campionato de España de natación máster
Do 3 ao 6 de marzo a cidade de Pontevedra acolleu o campionato de España de natación na categoría máster
Un evento multitudinario, al que acudiron máis de 1200 deportistas de 161 clubs de toda a xeografía nacional. Cifras que dan unha idea da repercusión do ebento non só a nivel deportivo, senón tamén a nivel económico e de promoción turística.
O equipo Máster do CNPonteareas aproveitou a celebración desta proba en Galiza para desprazar a un nutrido equipo ata a piscina Rías do sur.
Os resultados individuais foron en xeral moi salientables, con moitas mellores marcas persoais e varias medallas (2 ouros, 4 pratas e 9 bronces) para os nadadores e nadadoras do equipo do condado, moitos dos cales debutaban nunha proba de carácter nacional.
A nivel xeral, moitos récords nacionais e algún record europeo tamén foron mellorados, o que amosa o elevado nivel deportivo nos 4 días de competición. Na clasificación conxunta o equipo campión foi o CN Jerez máster.
Balance final nas clasificacións para o equipo ponteareán:
- conxunta, 16a posición (1er equipo galego)
- masculino, 23a posición
- feminino, as nadadoras entran no top ten cun 8° posto
Bos resultados para contunuar coa tempada e afrontar, en dúas semanas, o campionato galego máster de longa distancia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218