Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 08 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Laura Romero, gañadora do concurso de carteis do 8M

A proposta da porriñesa, alumna do IES Ribeira do Louro, impúxose aos preto de 60 traballos que se presentaron ao certame e que destacaron pola súa calidade e mensaxes orixinais

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación e Igualdade, Carolina González, acompañaron hoxe á porriñesa Laura Romero que recibiu un dos premios do concurso escolar de carteis que cada ano convoca a Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional da Muller.

 

O deseño de Laura, alumna de 3º da ESO do IES Ribeira do Louro, fíxose co primeiro premio na 3ª categoría dirixida a estudantes de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP.  Na actual edición presentáronse 57 traballos e tanto as creación que quedaron nos primeiros postos, como é o caso de Laura, como as dos segundos, ilustran a campaña que polo 8-M está a desenvolver a Xunta para divulgar que a igualdade tamén está nas nosas mans.

 

“As nosas pegadas fan o camiño cara a igualdade” foi o lema elixido pola porriñesa para facer a súa proposta, e sobre el impresas varias das súas pegadas en diferentes cores, deseños e direccións.  Laura amosouse moi orgullosa do seu logro e tamén os seus compañeiros de clase, que a acompañaron a recibir o premio.

 

“Laura representa hoxe á mocidade do Porriño, que da un paso adiante sempre cando se trata de reclamar cuestións tan importantes como a tolerancia e o respecto”, apuntou o rexedor que a felicitou polo seu merecido recoñecemento e por loitar “por un mundo en igualdade de dereitos e de oportunidades sen discriminación de ningún tipo por razón de xénero”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.