REDONDELA
A Xunta sinala que o Concello de Redondela debe dispoñer dos terreos e proxecto para a escola infantil
A conselleira de Política Social, Fabiola García, respondeu esta semana a unha pregunta oral no Parlamento sobre a construción deste centro
A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que o Concello de Redondela debe dispoñer dos terreos e dun proxecto para poder construír unha escola infantil pública. Esta semana respondeu a unha pregunta oral no Parlamento de Galicia sobre esta cuestión, onde apuntou que o Goberno galego sempre amosou a súa disposición a poñer en marcha este centro, do mesmo xeito que fixo para crear unha residencia e centro de día en Cesantes.
A conselleira destacou que no ano 2018 solicitóuselle ao Goberno local que completara os trámites urbanísticos necesarios para modificar a clasificación da parcela elixida, así como a redacción do proxecto de construción da nova escola. Catro anos despois desa primeira solicitude, asegurou, o Concello de Redondela aínda non remitiu á Xunta esta documentación. Lembrou que estes trámites serán necesarios para avanzar no proceso e beneficiarse dos fondos europeos para incrementar a oferta de prazas de educación infantil.
Lembrou que o Goberno galego sempre amosou a súa disposición a poñer en marcha este centro, pero logo de catro anos da primeira solicitude aínda non recibiu a documentación que acredite que cumpre cos requisitos
Por outro lado, Fabiola García sinalou que cando falamos de conciliación e de apoio ás familias, Galicia é a comunidade de referencia en toda España. Este fito débese ás medidas postas en marcha ao longo dos últimos anos como a creación das casas niño, que ofrecen 445 prazas de atención á infancia, a creación de ata 25.000 prazas públicas ou a gratuidade de todas as escolas infantís a partir do próximo mes de setembro.
A conciliación como obxectivo
Neste sentido, apuntou que destinar os fondos europeos a incrementar as prazas na educación infantil é unha boa noticia, especialmente nas comunidades nas que máis carencia existe. Galicia, concretou, é a cuarta comunidade cunha maior oferta de prazas en escolas infantís. “A conciliación da vida persoal e familiar é un obxectivo que nos debe unir a todos”, destacou, sen fronteiras administrativas e sen diferencias políticas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.185