Viernes, 08 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 08 de Mayo de 2026 a las 19:10:52 horas

Xornal21.es
Viernes, 11 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Política Social achega 1,3 millóns de euros para financiar prazas nos centros da asociación Juan XXIII

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou onte o centro ocupacional e o de atención diúrna da entidade na cidade do Lérez

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, puxo en valor que a Consellería de Política Social achega máis de 1,3 millóns de euros para financiar prazas en centros de Pontevedra e Cangas da asociación Juan XXIII. Con estes fondos aténdese a 175 persoas con discapacidade de ambos concellos.

 

Fernando González Abeijón visitou  os centros de día e ocupacional que ten esta entidade en Pontevedra, onde atenden a máis de 100 persoas con discapacidade. Alí, destacou o compromiso do Goberno galego coa mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e tamén das súas familias. Para iso, sinalou como fundamental os coidados que se prestan nos centros de día ou as actividades de capacitación que se poñen en marcha nos centros ocupacionais como o que hoxe visitou.

 

 

 

 

Con estes fondos aténdese a 175 persoas con discapacidade en ambos concellos

 

 

 

 

Ademais, o director xeral explicou que a Xunta de Galicia lle achegou outros 120.000 euros á Asociación Juan XXIII a través dos fondos do 0,7% do IRPF para a adquisición de equipamento e a compra de tres vehículos adaptados.

 

Así mesmo, Fernando González Abeijón subliñou que o compromiso do Goberno galego coas persoas con discapacidade, as súas familias e as entidades que traballan con elas a diario continuará como ata hoxe en día. Neste sentido, recordou que a Xunta de Galicia destinará neste 2022 máis fondos que nunca á atención á discapacidade, 142 millóns de euros para acadar unha Galicia de oportunidades.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.