Jueves, 05 de Marzo de 2026

Actualizada Jueves, 05 de Marzo de 2026 a las 10:02:11 horas

Xornal21.es
Sábado, 12 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Concello de Nigrán pospón o Enterro do Kiko de Parada ao sábado 19 de marzo

Estaba previsto que se celebrase este sábado 12 de marzo

O Concello de Nigrán apraza finalmente o enterro do kiko de Parada previsto para a tarde do sábado 12 de marzo ao vindeiro sábado 19 de marzo ante a previsión de choiva. Así, o tradicional evento de fin de entroido en Nigrán, levado a cabo grazas ao C.C.R. Parada do Miñor,  terá lugar a partir das 17:00 horas do 19 de marzo coa saída do cortexo fúnebre do 'kiko' desde o Auditorio Municipal tirado por dous carros de bois. A continuación será velado e posteriormente queimado no CCR de Parada, rematando a xornada co concerto de D´Lider.

 

Esta peculiar celebración naceu en Parada da man do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor como alternativa ao Enterro da Sardiña, xa que a parroquia non ten mar pero si presume de múltiples galiñeiros con " kikos" (ata o punto de que é a figura que representa á entidade). Ao longo de preto dunha década de vida foi adquirindo sona na localidade e, o que comezou como unha festa entre veciños, é hoxe en día unha gran festa que vai  máis aló do interese local.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.