O PORRIÑO
Ceamsa doa 1.680 litros de leite a SOS Porriño
SOS Porriño lanza unha campaña de recollida: necesitase leite, pasta, productos de hixiene infantil (cueiros tallas 4, 5 e 6, toalliñas, xeles..) e alimentación para bebés
A empresa Ceamsa (Compañía Española de Algas Marinas S.A.) doou 1.680 litros de leite ao banco municipal de alimentos SOS Porriño. A compañía amosa así a súa disposición a colaborar co Concello do Porriño na prestación deste servizo que atende ás familias máis necesitadas do municipio.
O concelleiro de Servizos Sociais, Abel Estévez, quixo agradecer enormemente este “xesto solidario cos veciños e veciñas que están a atravesar unha situación de vulnerabilidade. Un xesto que nestes momentos de incertidume que estamos a vivir adquire máis valor se cabe”.
O edil fai un chamamento á cidadanía a colaborar con SOS Porriño e informa de que nos caixóns instalados nos centros culturais, pavillón e colexios para a recollida de roupa e alimentos para Ucrania tamén se está a recoller produtos que necesita o banco municipal de alimentos.
Concretamente necesítase leite, pasta, produtos de hixiene infantil (cueiros tallas 4, 5 e 6, toalliñas, xeles..) e alimentación para bebés.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61