Lunes, 02 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 01 de Marzo de 2026 a las 20:53:17 horas

Xornal21.es
Lunes, 14 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Asociación de Redeiras Atalaia ofrece formación para poder exercer a profesión

[Img #74776]A Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, en colaboración coa Federación Galega de Redeiras, atópase organizando un curso gratuíto de Confección e Mantemento de Artes e Aparellos, necesario para poder exercer a profesión de redeira.

 

As redeiras, ou atadeiras como máis comunmente as coñecemos na Guarda, son as profesionais que se dedican á confección, reparación e mantemento de artes e aparellos de pesca. Trátase dunha profesión de carácter fundamentalmente manual e require dunha cualificación específica.

 

Actualmente as condicións de traballo destas profesionais distan enormemente das condicións do pasado. Agora todas cotizan no Réxime Especial do Mar, o que lles asegura unha xubilación desafogada, teñen horarios flexibles que lles permiten conciliar vida laboral e familiar e levan para casa un “soldo” digno.  

 

A asociación decidiu poñer en marcha esta iniciativa ante a súa preocupación pola falta de relevo xeracional, xa que nun breve período de tempo varias delas obterán a xubilación, e a aquelas que quedan en activo lles resultará moi complicado asumir a carga de traballo que teñen. Esperan así mesmo que a acción formativa teña boa acollida porque entenden esta vía laboral como unha boa oportunidade de traballo estable na propia vila.   

 

Destacamos que o curso será gratuíto, terá unha duración de 300 horas e levarase a cabo na Guarda en colaboración co Concello, que cederá un aula para impartir a parte teórica do mesmo.

 

Todas as persoas interesadas en recibir máis información ou inscribirse no mesmo deberán poñerse en contacto coa asociación no teléfono 699 96 32 50 ou na dirección de correo electrónico asociacionredeirasatalaia@hotmail.com, ou directamente na nave de redeiras sita no Porto da Guarda.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.