Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Miércoles, 16 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Carriños da compra na rúa para fomentar o comercio local

Estes carros poderán collerse de balde en catro puntos dos núcleos de Tomiño e Goián e permitirán transportar a compra de xeito cómodo e sinxelo

Tomiño saca os carriños da compra á rúa para fomentar o comercio local. O Concello puxo en marcha un novo servizo a través do que carros similares aos dos supermercados estarán a disposición da veciñanza para que mercar nos establecementos de proximidade e nos mercados municipais dos núcleos urbanos de Tomiño e Goián sexa máis sinxelo, práctico e cómodo, xa que permitirán transportar a compra sen cargar co peso das bolsas.

 

“Queremos dar facilidades á xente para incentivar o consumo no comercio de proximidade, porque é unha peza importante da nosa economía, xeradora de emprego e benestar”, explica a alcaldesa, Sandra González.


Xa hai dispoñibles 20 carros situados en catro puntos de recollida, dous no núcleo de Tomiño (na rúa Colón e na rúa Tui) e dous en Goián (na Avenida Ordóñez e ao carón da escola infantil A Galiña Azul). Serán de balde e terá un sistema de funcionamento sinxelo e similar ao dos supermercados: a veciñanza poderá coller un dos carriños en calquera destes puntos e, despois de mercar con toda comodidade, deberá devolvelo. Estarán dispoñibles todos os días de 09.00 a 21.00 horas.

 

 

 

 

on de balde e estarán dispoñibles de 09.00 a 21.00 horas

 

 

 


Con esta iniciativa o Concello busca darlle pulo ao comercio local con medidas dirixidas non soamente ás e aos comerciantes, senón tamén a concienciar e fomentar o consumo de proximidade entre poboación.


“Este servizo permítenos seguir revitalizando os núcleos urbanos de Tomiño e Goián, continuar dándolle vida a zonas nas que as persoas son unha prioridade e nas que dispoñer de ferramentas como carros para poder realizar a compra comodamente pode ser un elemento importante para incentivar que a veciñanza se achegue aos nosos mercados municipais e ao comercio local”, salienta a rexedora, que destaca a boa acollida que está tendo o servizo xa dende os primeiros días de uso.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.